Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Novas editoriais: ó que sentimos pola pandemia

Son xa varias as obras que tematizan algúns dos sentimentos que produciu e segue a producir este astuto virus que mudou moitas vidas. Unha delas é o album Quero saír! da autoría de María Canosa e Andrea Estévez, publicado por Edicións Embora na súa colección Fardel dos Soños.

Neste álbum relátase o sentimento de falta de liberdade que sente unha nena por non poder saír da súa casa e as razóns que lle dá a súa nai para que entenda ben a causa. A nai protagonista bota man da vida dos paxariños para que a nena comprenda que, para voar, precisa aprender, como os paxariños, a ter paciencia ata que pase o perigo. A nena compréndeo e, como os paxariños antes de saír a voar, “prepara as súas ás (lava as mans), prepara as súas plumas (roupa) e prepara o seu peteiro (máscara)”. Este breve texto amplifícase co relato visual ofrecido a través das ilustracións figurativas que ocupan a maior parte das páxinas.

rociogpedreira@gmail.com

03 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito