Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Novidade: o teatro ao modo da Arca de Noé solitaria

Kalandraka Editora ven de ofrecernos unha novidade que será ben acollida por lectores-espectadores e mediadores. Trátase do álbum de Antonis Papatheodoulou (Pireo, Grecia, 1997) Na cola para a Arca, onde se rememora un episodio bíblico protagonizado por Noé, quen constrúe unha arca para salvar á súa familia e a unha parella de animais, de toda especie, do diluvio universal e así repoboar a nova terra.

Neste álbum faise a cola para entrar nunha arca moi especial que, debido á pandemia, está moi solitaria, pero á espreita para acoller non só a unha parella de cada especie, senón a todo un universo de espectadores. Esa arca é o Teatro, a onde chegan todos os animais protagonistas deste álbum que se apoia no relato visual de Iris Samartzi (Atenas, 1969) moito máis amplo que o textual e cunhas excelentes páxinas despregables a modo de telón. Encargouse da tradución a recoñecida Manuela Rodríguez.

blanca.roig@usc.es

02 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.