Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Novidades de Galaxia: revivir contos de sempre

A recoñecida escritora Helena Villar Janeiro (Becerreá, 1940) dedica A fuga de Guillermo (Galaxia, 2021) ás súas netas Helena e Mariña, un paratexto que, como se indica na emblemática colección “árbore/galaxia” que acolle a narración, se dirixe a un lectorado autónomo.

A mestra-escritora, pioneira da Literatura Infantil e Xuvenil galega, consegue, con mestría e co seu bo facer, deleitar á rapazada con historias ben contadas e xogando coa literatura de sempre. O protagonista Guillermo decide saír do conto para vivir aventuras moi diversas con moitos personaxes e obxectos recoñecibles e moi queridos pola rapazada. Destilan estas aventuras lirismo e moito humor. O léxico e as formas gramaticais empregadas non fan que o lectorado esperado tropece na lectura. As aventuras están apoiadas polas ilustracións iluminativas de cada episodio pola tamén mestra e ilustradora Luz Beloso (Monforte de Lemos, 1968).

blanca.roig@usc.es

05 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito