Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Novidades de Nadal na editorial Kalandraka

Xa demos noticia da publicación de Extra!, de Paco Nogueiras, pero non queremos deixar de recordar que Kalandraka Editora, dentro das súas novidades de Nadal, tamén publicou, Isto e Aquilo do autor e ilustrador clásico contemporáneo Tomi Ungerer (Estrasburgo 1931-Cork 20199. Un libro infantil moi útil para activar a imaxinación dos máis pequenos por medio de palabras acompañadas dunha magnífica ilustración que as cualifica, un conxunto de emocións e accións que estimulan os sentidos.

Outra das obras para este Nadal é a galardoada co XIII Premio Internacional Compostela para Álbums ilustrados. Neste caso o libro galardoado foi Dende 1880. Librería, de Pietro Gotusso (Verona 1987). Un álbum silente totalmente visual que percorre, a través das ilustracións, cento corenta anos de vida nas rúas baixo o leit motiv dunha libraría. Un percorrido urbano que potencia a lectura visual e tamén mostra os cambios nos modos de vida.

rociogpedreira@gmail.com

28 dic 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito