Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Novidades: unha terceira entrega de Mortiña

Logo do éxito colleitado coas dúas primeiras entregas protagonizadas pola nena zombi Mortiña, creadas pola ilustradora italiana Barbara Cantini (Florencia, 1977), Hércules de Ediciones vén de sacar do prelo, con tradución ao galego de Rosa Marta Gómez Pato e Manuel González González, a terceira entrega das aventuras desta nena peculiar.

Despois das divertidas e simpáticas aventuras vividas en Unha historia para esmendrellarse de risa (2018) e Un curmán repugnante (2019), en O amigo pantasma (2020) Mortiña, co seu inseparable can Tristeiro, buscará calquera pista para poder desentrañar quen é e de onde vén o neno pantasma, que intenta entrar en Vila Decadente e que non recorda nada, cando se está a punto de celebrar o Aninovo Defuntiño. Cunha boa dose de intriga e fermosas ilustracións, o lector seguirá moi atento as divertidas procuras que realiza Mortiña para descubrir a verdadeira identidade do seu novo amigo.

m.fboo@udc.es

23 nov 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito