Novidades Xerais: un volume con nove relatos breves

Xa se pode mercar nas librarías ou ler nas bibliotecas, abertas nesta nova etapa da pandemia, o volume Non cantan paxaros neste bosque (Xerais, 2021) que contén nove relatos breves escritos polo recoñecido profesor e escritor Carlos Negro (Lalín 1970).
Trátase dun conxunto de narracións do gusto, de seguro, da mocidade e dun amplo lectorado, como orienta a editorial ao publicar a obra na súa colección Fóra de xogo. Todos os relatos van introducidos por títulos ben suxestivos: Non cantan paxaros neste bosque, O perfume de Mara” Área de servizo, Ventos de Oiá, Translúcido, Selenoclamys escadea, O paxaro na gaiola, Carta para Amelia, nos que sempre hai misterio, mais tamén serenidade e saída reflexiva, xa sexa a través do medo, dunha descuberta, dun modo de relación, da soidade, dos efectos que producen fenómenos naturais.... e un longo número de temas que somerxen nunha lectura pracenteira.
rociogpedreira@gmail.com