Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Novidades Xerais: unha nova serie de cuadrillas de nenos

Sempre son ben recibidas as series literarias protagonizados por nenos e nenas, debido á expectación que xeran polo que teñen de aventura iniciática. Ledicia Costas (Vigo, 1979) coa axuda da ilustradora Mar Villar (Alacant, 1984) acaba de iniciar unha desas series co título suxestivo Os minimortos. Benvido ao Outro Barrio (Xerais, 2020) onde se presenta o grupo de nenos e nenas que van protagonizar as aventuras e que, se nos fixamos nos paratextos, acenan cara a mundos de ultratumba, moi do gusto da autora. Anúnciase nesta primeira entrega a seguinte dicindo “continúan as aventuras de Os Minimortos en Criando Malvas”.

Nesta primeira aventura, Os Minimortos, que están a agardar polos seus pais no Outro Barrio para facer o que lles pete sen dirixismos, vense na necesidade de axudar a un neno que chegou a ese outro barrio co desexo de volver ao mundo dos vivos. As peripecias polas que pasan seguro que agradarán moito aos máis novos.

m.fboo@udc.es

03 nov 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito