Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 27 noviembre 2021
15:55
h

Novo éxito de audiencia de ‘48 horas para o si’ na TVG

O programa do ‘prime time’ dos martes na Galega acada un moi bo resultado do 14,2 % de cota, por riba da media da súa canle

O programa 48 horas para o si ven de acadar un novo éxito de audiencia na TVG logo de ter no prime time do pasado martes na un salientable seguimento do 14,2 % de cota de pantalla, superior á media da canle nesa xornada, que foir do 11,1 % de cota.

O espazo arredor dunha petición de man e unha voda sorpresa obtivo na súa estrea un seguimento de cen mil espectadores, índo nese inciio ata un 16 % de cota, proba de que a expectación previa por este orixinal formato estaba ben xustificada.

Neste novo espazo , presentado pola coñecida actriz Iolanda Muíños, existe un verdugo, que é a persoa que solicita estar no programa e quere dar o paso de casar, e unha vítima, a súa parella, que participa totalmente enganada. O culpable ou verdugo vivirá estes dous días nunha autocaravana, onde, co apoio dun ‘cómplice’, un amigo ou membro da familia, deberá levar a cabo todos os preparativos da voda.

Durante estas corenta e oito horas, os culpables deberán conseguir a voda perfecta e que a outra persoa lle dea o si. Mentres tanto, a vítima estará enganada pensando que vai participar nun programa de televisión para coñecer mellor a súa parella. E durante este proceso, a audiencia coñecerá tamén as familias de ambos e gozará dos momentos previos ao posible compromiso. En cada unha das entregas do programa coñeceranse parellas do máis variado, que engancharán os espectadores coas súas curiosas historias.

Por outra banda, o programa Land Rober (Tunai Show) vai ter hoxe na TVG a Javier Veiga e Antonio Garrido, paret da nova entrega deste magacine que leva Roberto Vilar cada noite de xoves. Eva Iglesias e Miguel Canalejo completan o equipo desta noite.

Este formato tamén acada bos datos de audiencia cada semana na grella da canle pública galega cunha mistura de entrevistas, humor e tamén chiscos de música e concursos. Grabado en Teo nas instalacións de CTV, Land Rober ten falado xa este ano con Berto Romero, Fernando Vázquez, Luis Zahera, Omar Montes, Carmen Lomana, Josemi Rodríguez Sieiro, Antonio Garrido, Lucía Veiga... un exemplo da súa variada aposta polo bo humor.

tendencias@elcorreogallego.es

www

elcorreogallego.es

25 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.