Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
PRESÉNTASE O DÍA 15 NO HOTEL PALACE DE MADRID

Novo proxecto editorial de Teófilo Edicións: a biografía “Julio Camba, un nudista en Vilanova”

Benito Leiro culmina tres décadas de investigación sobre a vida e obra dun dos mellores cronistas mundanos da prensa española Julio Camba un nudista en Vilanova é o título da biografía documental escrita por Benito Leiro, que se vai presentar o vindeiro día 15 de novembro, ás 19 horas, no hotel Palace de Madrid, onde o escritor arousano pasara os últimos trece anos da súa vida (1949 a 1962) como hóspede ilustre.

Benito Leiro, da man de Teófilo Edicións, nunha coidada edición presentada nun estoxo co patrocinio da consellería de Cultura vén de culminar un traballo de tres décadas recollendo testemuños persoais e documentación inédita que corresponde en gran parte ó legado particular da familia Camba. Trátase dunha ampla colección (máis de cen documentos) de cartas manuscritas, tarxetas postais, fotografías, contratos decolaboración, mesmo albaráns, receitas e fragmentos de artigos que pertenceron na súa maioría a Julio Camba, pero tamén ó seu irmán Francisco e os pais de ambos, Manuel Camba Bóveda e Juana Andreu Temes.

Esta biografía documental, que consta de 317 páxinas, incorpora ademáis setenta libros catalogados que pertenceron a biblioteca familiar dos Camba Andreu na súa residencia de Vilamaior, actual casa museo dos Irmáns Camba. Estes títulos intégranse na maior colección documental que se conserva desta saga familiar vilanovesa, unha documentación custodiada por Pastor Pombo Ferro e as súas fillas durante os sesenta anos transcurridos dende o pasamento de Julio Camba (Madrid, 1962). En setembro de 2020 a familia Pombo doou a maior parte desta documentación ó Concello de Vilanova que a destinará a potenciar os fondos da casa museo.

Malia que o traballo periodístico de Camba máis coñecido e recoñecible proxéctase dende Madrid, con derivacións nas principais capitais do mundo occidental onde escribiu crónicas inesquecibles, hai un asunto transversal que impregna toda a escrita cambiana: Galicia. Faltaba un traballo biográfico que reflictise as raíces familiares do gran cronista, os seus contactos coa contorna social e veciñal, sobre ese humus cultural arousano no que se foi forxando o seu peculiar estilo.

Camba, un nudista en Vilanova pretende encher ese baleiro. Afonda nas vivencias de Camba dende á infancia e adolescencia arousán, cando cultivou amizades galeguistas, exerceu como mancebo de farmacia ata a fuga como polisón a Bos Aires, onde se convertiu nun activo anarquista, pasando pola relación con algúns dos próceres da cultura en Galicia, como o seu conveciño Valle-Inclán, Ramón Cabanillas, Lisardo Barreiro, Lustres Rivas, Torrente Ballester, Paco Lloréns, Augusto Assía, García Martí ou Asorey, sen esquecer as súas primixenias colaboracións, tanto en galego coma en castelán, en El Eco de Marín, La Idea Moderna de Lugo e Diario de Pontevedra.

No achegamento á personaxe explícase a relación de Camba co seu pobo natal e contorna, analizándoa a través dos seus escritos, pero tamén contando coas voces e testemuñas de persoas que o trataron. Reflíctese como era o neno Julio que presumía de inventar o tobogán no peñón por debaixo do Campanario Vello; que con a penas 12 anos de idade perxeñaba un xornal na casa natal; o adolescente que fumaba e fachendeaba de seductor no adro da igrexa; ou o mozo rebelde que disfrutaba do nudismo décadas antes de que chegaran á ría os bañistas. Esta obra tamén nos achega a un Camba maduro en zapatillas e bata de casa, que nunca madrugaba nin ordenaba os seus papeis; o que seguía practicando un nudismo discreto, baixo a protección do seu barqueiro de confianza; o que paseaba e inspeccionaba as obras do porto acompañado polos seus amigos; o que xogaba as partidas de cartas no antigo Casino; o que veraneaba cada ano en Vilanova e desprazábase polas principais comarcas e cidades galegas da costa e do interior; o veterano e perezoso xornalista que se puña a escribir só cando a fidel asistenta lle advertía da escaseza de recursos pecuniarios.

As amistades de Madrid:

Esta biografía de Julio Camba tamén recolle as súas relacións persoais coas súas amistades de Madrid e os vencellos profesionais cos xornais para os que traballou na capital durante a primeira metade do século XX. A lectura de artigos e crónicas do xornalista, xunto coa revisión de hemerotecas permite revelar aspectos pouco coñecidos do corresponsal mundano, que nos remitiu crónicas inspiradoras dende Constantinopla, París, Londres, Berlín, Nova York, Xenebra, Roma e Lisboa.

Unha das bazas principais deste achegamento a un Julio Camba íntimo e público son as cartas, semblanzas e documentos periodísticos do columnista galego, un legado que ilustra a súa relación íntima coa nai, Juana Andreu, co seu mellor amigo, Pastor Pombo Ferro, e persoal con escritores do seu tempo, como Rubén Darío, Pérez Galdós, Ortega y Gasset, os irmáns Baroja, os pintores Ignacio Zuloaga e Romero de Torres, os escultores Sebastián Miranda e Juan Cristóbal, os toureiros Juan Belmonte e Domingo Ortega, ou os xornalistas Pérez de Ayala, Anselmo Miguel Nieto, Marino Gómez Santos, Josep Pla, Miguel Utrillo, Luis Calvo, entre outros moitos.

Sen pretensións, sen querer ser nada especial, Camba é un dos grandes escritores en Prensa do moderno periodismo español, que segue influindo nas novas xeracións de “articulistas”, como recoñecen Manuel Vicent, Ánxel Vence, Muñoz Molina, Arcadi Espada, Manuel Jabois, Fernando Ónega, García Cuartango ou Luis Pousa, entre outros. Un nudista en Vilanova é unha aposta decidida por relanzar a figura de Camba como mestre de xornalistas, un mestre que xa alcanzou en certo modo aquel “habrá un mañana para usted”, que lle vaticinara Torrente Ballester. Un mañán felizmente chegado e que se manterá vixente nos seus reeditados libros.

Breve reseña do autor:

Benito Leiro Conde

Ejerció el periodismo a pie de obra durante más de 30 años. Comenzó su andadura en El Correo Gallego en 1984, coincidiendo con el centenario de Julio Camba. Después de mojarse en mil tempestades, incluída la del buque Cason en Fisterra o las del furtivismo y contrabando, en 1991 pasó a ejercer como jefe de sección en el Xornal Diario de Pontevedra. Tras el cierre de este proyecto frustrado, aprovechó un año sabático para escribir Un Lugar tranquilo, el libro documental que cuenta la historia del contrabando gallego. En 1993 formó parte del equipo que puso en marcha la edición de Arousa del Faro de Vigo, siendo delegado comarcal hasta 1999. A finales de 2000, ya como redactor en excedencia del Faro, puso en marcha el Gabinete de Comunicación del Concello de Cambados, dirigiendo la revista municipal A Calzada.

Estuvo nominado para varios premios, pero solamente le concedieron el Centenario de Julio Camba (organizado por el Concello de Vilanova, 1984); el Ortega y Gasset (diario El País, 1990), junto a Elisa Lois, José Antonio Pérez y Alfonso Freire de El Correo Gallego; el Julio Camba de Caixanova (1999), así como el Reina Sofía de periodismo sobre drogas (2000), como asesor del documental Marea blanca (TVE). Durante las últimas décadas fue referencia obligada para cualquier colega que llegase atraído por la gravedad del planeta Arousa. En 2020 fue designado Cronista Oficial de Vilanova de Arousa.

04 nov 2022 / 14:52
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.