Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Novo seminario na Coruña sobre modelos alternativos para habitar en colectividade

Santiago. O ProxectoTERRA finalizará hoxe a celebración da segunda edición do seminario Xentes, Espazos, Lugares no Museo de Belas Artes da Coruña, que este ano leva por título A construción colectiva do habitar. Grazas ao convenio de colaboración entre o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), aConsellería de Medio ambiente, Territorio e Vivenda e máis a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o ProxectoTERRA dá continuidade por medio de tres xornadas ao seu programa cultural Xentes, Espazos, Lugares, que tivera a súa primeira edición no ano 2008 na cidade de Vigo.

Xentes, Espazos, Lugares enmárcase na procura dun punto de encontro no que poidan estar presentes os organismos, institucións, comunidades, asociacións, colectivos e persoas que compartan a preocupación e o compromiso pola mellora da calidade de vida e nosos espazos vitais. “Un espazo e un tempo para compartir, para a aprendizaxe colectiva, de posta en común de reflexións críticas e propositivas, plurais e diversas, xeradas desde o compromiso co coñecemento en torno a como foi e como é a interacción cos territorios que ocupamos e cos lugares que habitamos, para a nosa vida individual e en comunidade”, indican desde o Colexio de Arquitectos de Galicia. ECG

24 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito