Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O actor Chechu Salgado recibirá o premio Ourense no vindeiro OUFF

O flamante gañador
do Goya ao intérprete revelación foi recibido por Manuel Baltar

Ourense. O actor ourensán Chechu Salgado, recente gañador do Goya ao mellor actor revelación, foi recibido onte polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. “É un orgullo recibilo en Ourense con este Goya, gañado e recoñecido, que supuxo unha grandísima ledicia para un ourensán como el e para un goberno coma este, que leva anos apostando polo cinema”, remarcou Baltar.

O presidente da Deputación, despois de consultalo coa Fundación Carlos Velo e a organización do OUFF, propuxo ao actor ourensán para o premio Ourense: “Chechu Salgado é unha realidade importante que merece que o festival deste ano, a 27º edición do Festival de Cine Internacional de Ourense, outórguelle o premio Ourense. Este é o premio que leva o nome da nosa provincia: para recoñecer non so o éxito deste Goya senón o seu traballo, o seu compromiso e, sobre todo, un futuro que todos esperamos plagado de éxitos”.

Salgado agradeceu este futuro recoñecemento -“a verdade é que é unha sorpresa enorme recibir este premio”-, que recibirá durante a próxima edición do OUFF, que arranca o 23 de setembro. O actor ourensán destacou o apoio da Deputación ao sector audiovisual: “Quero agradecer a Deputación o apoio que fai ao cinema, que é moi necesario e moi importante para todos os que nos adicamos a esto”. Precisamente, Chechu Salgado está traballando agora na serie “Motel Valkirias”, unha produción galego-portuguesa patrocinada pola Deputación de Ourense.

PREMIADO POLO SEU PAPEL DE ZARCO EN ‘LAS LEYES DE LA FRONTERA’. O actor ourensán foi recoñecido nos premios Goya polo seu papel de Zarco en Las leyes de la frontera, adaptación da novela de Javier Cercas dirixida por Daniel Monzón, converténdose no terceiro ourensán en gañar un Goya despois de Javier Barreira -guion adaptado de Tadeo Jones- e o director Rodrigo Cortés -montaxe de Buried-. Salgado sucederá no historial do premio Ourense ao prestixioso produtor Alfonso Blanco, recoñecido no OUFF 2021 polo seu traballo con Portocabo en proxectos como Hierro, Auga seca ou Cuñados, un filme tamén patrocinado pola Deputación de Ourense. redacción

24 feb 2022 / 17:12
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.