Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Álbum de Galicia incorpora a biografía de Ramiro Vidal

Foi unha figura clave da colectividade galega en Lisboa, ademais de empresario e político

Santiago. Foi unha figura destacada para entender o xermolo da colectividade galega en Lisboa. Ramiro Vidal Carrera (Taboexa, As Neves, 1887 – Vilasobroso, Mondariz, 1967) é a última incorporación ao Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega (CCG).

Na súa entrada biográfica achega a súa evolución como empresario, pero tamén a súa faceta de político e colaborador en diferentes xornais. A entrada foi elaborada por Miguel Regojo Fernández, bisneto de Ramiro Vidal, que cedeu material ao Arquivo da Emigración Galega (AEG).

Foi o maior de cinco irmáns que seguiu os pasos de seu pai cando emigrou a Portugal. O país veciño era un era destino habitual nos concellos pontevedreses limítrofes, tanto pola súa situación xeográfica e as numerosas relacións comerciais con Galicia, como pola existencia dunhas intensas cadeas migratorias que reactivaban o fenómeno cada certo tempo.

Comezou a traballar en varios comercios como aprendiz e mozo para todo, sen descoidar a súa formación de carácter autodidacta. Progresou nos negocios e iniciou colaboracións con diversos xornais como La Lucha, rotativo vigués de tendencia republicana, do que foi correspondente en Lisboa dende 1907, e no que iniciou unha campaña pro-unión da colonia galega.

Tamén colaborou con Vida Gallega, El Pueblo Gallego, El Tea ou Faro de Vigo entre outros, que publicaron moitas das súas crónicas e colaboracións literarias, ás veces baixo diversos alcumes como Pepe de Eirol ou Orimar.

Regresou a Galicia e, en plena ditadura de Primo de Rivera, foi nomeado concelleiro do goberno municipal en marzo de 1923 e alcalde en 1925. Nos seus anos como alcalde, modernizáronse as vías de comunicación co arranxo das estradas e camiños municipais e o saneamento das augas e subministro eléctrico para a vila e as parroquias. Ademáis destonou un edificio a escola para os nenos e nenas do pobo

Coa caída de Primo de Rivera, dimite como alcalde e na República intégrase no Partido Republicano Radical. Co estoupido da guerra civil trasládase coa súa familia a Monção e volve emprender en diferentes negocios, sen esquecer o seu compromiso coa súa terra natal. ECG

07 abr 2021 / 15:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.