Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

“O amor non se atopa, constrúese”, asegura a sexóloga Valerie Tasso

Festival. “O amor é ética, e iso quere dicir que vou procurar non facer dano ao outro”. deste xeito comezou a sexóloga Valerie Tasso a súa intervención no marco da segunda xornada do festival de Filosofía. Tasso, que coa súa obra Diario dunha ninfómana colocou en España debates inauditos sobre a prostitución e a sexualidade no ano 2003, defendeu que “a xente se separaba antes porque estaba mal e agora porque pode estar mellor, e é moi perigoso porque sempre se pode estar mellor”.

Na súa opinión hai un lío entre ética e moral que se ve moi ben “a través nas series de televisión que nos venden un tipo de amor que non é tal que se enfoca máis no amor romántico”. Para esta sexóloga vivimos nunha sociedade que se rexe pola mercantilización e que se pode ver, sobre todo, nas aplicacións de citas que nos venden o amor sen esforzo. Para Francisco Castro “o amor é unha palabra como calquera outra”. Este sábado relacionou o concepto do amor co ben absoluto, do comportamento coa vontade e abriu tamén outras interpretacións. “O amor é unha enerxía que nos constrúe e o namoramento é un estado temporal de aparvamento”. Na mañá de onte tamén se falou de fútbol nun debate entre os xornalistas Lucía Taboada e Rafa Cabeleira.

27 sep 2020 / 00:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.