Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O CCG estrea un cambio no concepto do programa da súa actividade en 2021

Celebrou onte unha sesión plenaria na que se presentaron os actos para o primeiro trimestre do ano e o balance do pasado

O Consello da Cultura Galega (CCG) celebrou onte unha sesión plenaria ordinaria na que a presidenta, Rosario Álvarez, deu conta do programa de actividades para o primeiro trimestre do ano e o balance do 2020.

A exposición Afonso X e Galicia, inaugurada o pasado martes na Igrexa da Universidade de Santiago, abriu a programación do ano que supón un novo cambio de modelo e combina actividade presencial e telemática.

Ademais, Rosario Álvarez explicou que en 2020 reforzou a súa función asesora coa realización de preto de 60 informes e documentos de traballo sobre a realidade cultural. A sesión contou coa presenza do presidente de honra da institución, que é o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

Liñas extratéxicas. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, explicou nesta sesión que a institución estrea neste ano un cambio na concepción da programación de actividades, que se adecuará a dez liñas estratéxicas.

Catro delas correspóndense con temáticas que definen a actividade do ano en curso, mentres que as seis restantes se corresponden con eixes de traballo consolidados da institución, como o fomento da cultura científica, tecnolóxica e medioambiental; a conservación e valorización do patrimonio, ou os debates do mundo contemporáneo.

O CCG manterá o traballo de arquivo, hemeroteca e preservación de fondos, así como as acción relativas á “memoria viva”; é dicir, homenaxes e actuacións encamiñadas á revitalización e difusión cultural.

Entre xaneiro e marzo. A primeira acción do Consello da Cultura Galega arrincou o pasado martes 12 de xaneiro coa inauguración da exposición “Afonso X e Galicia”, que busca explorar a faceta menos coñecida do Rei Sabio.

A actividade deste trimestre estará moi condicionada pola situación sanitaria e continuará a desenvolver moitas das accións no ámbito dixital.

Unha xornada sobre a credibilidade da ciencia en tempos de pandemia, outra sobre cultura sostible, o foro Patrimonio e Sociedade e unha nova sesión do ciclo de cinema Olladas de muller, son algunhas das numerosas actividades previstas.

Outra das liñas de acción prioritarias para este ano pasa por coñecer a realidade da creación cultural contemporánea nas súas diferentes manifestacións. Neste sentido, no mes de marzo inicaranse unha serie de citas encamiñadas a analizar e reflexionar sobre o papel desempeñado pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra cando se cumpren trinta anos da súa creación.

Neste ano están programadas varias accións encamiñadas a analizar a igualdade de acceso á cultura en función do hábitat, con especial énfase no mundo rural. Tamén cobrará protagonismo o estudo das migracións, da mobilidade, da interacción e do intercambio cultural.

15 ene 2021 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
CCG
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.