Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Clúster Galego do sector organizou a cita no marco do recente festival Carballo Interplay

Co obxectivo de promover a creación dos contidos dixitais en Galicia e de fomentar a internacionalización deste sector, o Clúster Audiovisual Galego ven de organizar este mes de setembro unha misión comercial inversa que favoreceu o encontro entre produtoras galegas e empresas de Portugal, no marco da oitava edición do festival Carballo Interplay, que se desenvolveu nesta localidade coruñesa. Unha cita para estreitar pontes sobre a raia.

A iniciativa do Clúster “serviu para poñer en contacto compañías do audiovisual galego coa delegación empresarial portuguesa, compartir experiencias e encontrar puntos de encontro empresariais que desemboquen en posibles novos proxectos”, sinalan na nota de prensa.

Entre as produtoras, canles e creadores de contidos dixitais que formaron parte da delegación portuguesa estaban RTP (televisión pública de Portugal), Canal 180, Promenade Films, Ankylosaur, MT 360 Lda., Galo Bravo, PiXBee ou TODOS Creative & Production Force.

No marco desta misión comercial, o Clúster organizou reunións entre empresas galegas e portuguesas co apoio financeiro do Igape, Xunta de Galicia e UE a través do Programa Galicia Exporta Organismos Intermedios, que inclúe a realización de misións comerciais inversas.

“Deuse a coñecer ao exterior todo o potencial das empresas galegas e establecéronse posibles fórmulas de cooperación en novos formatos entre ambos territorios”, engaden no seu comunicado.

tendencias@elcorreogallego.es

www

elcorreogallego.es

14 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.