Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O comité científico de ‘Clásicos do Pensamento Universal’ aproba o plan editorial de 2023-2024

novos títulos. O Comité Científico da colección Clásicos do Pensamento Universal, que a USC coedita en virtude dun convenio coa Fundación BBVA dende 2002, acaba de aprobar a carteira editorial para o bienio 2023-2024.

“Trátase dun interesante elenco de títulos de diferentes temáticas e cronoloxías que hai que sumar aos corenta volumes xa editados da colección”, segundo explicou o responsable do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Juan L. Blanco Valdés.

Verán a luz en lingua galega Vindicación dos dereitos da muller (A Vindication of the Rights of Woman, 1792), de Mary Wollstonecraft; Orientalismo (Orientalism, 1978), de Edward W. Said; Como facer cousas coas palabras (How to Do Things with Words, 1962), de John L. Austin; Radioactividade (Radioactivité, 1935), de Marie Curie e O fenómeno humano (Le phenomène humain, 1955) de Pierre Teilhard de Chardin.

Para o ano 2022 está prevista a edición de catro títulos, xa aprobados na anterior reunion do comité: Confesións, de Agostiño de Hipona; O “jackknife”, o “bootstrap” e outros plans de remostraxe (The jackknife, the bootstrap and other resampling plans, 1982), de Bradley Efron; O historicismo e a súa xénese (Die Entstehung des Historismus, 1936), de Friedrich Meinecke, e Teoloxía Política (Politische Theologie, 1922), de Carl Schmitt.

O comité Científico de Clásicos do Pensamento Universal, dende a súa constitución por Darío Villanueva (director da colección) e os profesores Carlos Baliñas, José Castillo, Ramón Máiz, Antón Santamarina e José Sordo, ampliouse en xullo deste ano coa incorporación das profesoras Peregrina Quintela, Ofelia Rey e María Jesús Taboada.

Para o director de Publicacións da USC, departamento encargado da execución editorial da colección, “a actual renovación do convenio, que estes días estamos xestionando, manifesta unha clara vontade da Fundación BBVA en seguir apoiando unha colección senlleira, cun ADN puramente universitario, que, dende Euclides a Stephen Hawking, dende Erasmo a Concepción Arenal, ou dende Séneca a MacLuhan, está escribindo unha páxina de ouro na cultura contemporánea de Galicia a base dun esforzo editorial sen parangón”. Esta redacción actualizada do convenio, matiza Blanco Valdés, incorpora ademais “un ambicioso plan de edición dixital en acceso aberto da colección, de inminente materialización, que vai supoñer a dispoñibilidade gratuíta en liña de preto de trinta volumes”. redacción

14 dic 2021 / 17:53
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.