Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O concurso Podcasts-Radio na biblio’ céntrase en Florencio Delgado

O obxectivo do certame é estimular a elaboración de produtos radiofónicos en galego, entre outros

A Xunta de Galicia, en colaboración coa Radio Galega, vén de convocar o IV Concurso de Podcasts-Radio na biblio, que este ano se centra na figura do poeta, articulista, tradutor, editor, activista cultural e político no exilio Florencio Delgado Gurriarán. O obxectivo do certame é estimular, mediante o recoñecemento de boas experiencias, a elaboración de produtos radiofónicos en galego, reforzar a lectura de poesía nesta lingua ou o achegamento ao mundo da edición, da tradución e da cultura galega en América.

Poderán participar neste concurso os 138 centros públicos participantes no programa Radio na Biblio, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, así como outros centros que traballan xa co laboratorio de radio como ferramenta pedagóxica.

O certame enmárcase
no Plan LÍA (Lectura, In-
formación e Aprendizaxe) 2021/2025 de Bibliotecas Escolares, que contempla o reforzo dos programas que inciden na formación do alumnado no seu acceso aos medios de comunicación, como é o caso, con propostas que promovan o coñecemento e un uso responsable da información en múltiples formatos.

O certame consta de catro modalidades, segundo o nivel do ensino (Infantil e primeiro ciclo de Primaria, resto de Primaria, ESO e unha cuarta para Bacharelato, ensinanzas de persoas adultas ou ciclos formativos). Cada centro educativo pode presentar un máximo de tres traballos, todos eles en lingua galega, cunha duración de entre tres e cinco minutos. O arquivo sonoro, en formato mp3 ou wav pode ser unha entrevista, unha cuña publicitaria, un noticieiro, un faladoiro, un recital, un debate ou un monográfico

O prazo para a presentación da documentación remata o 29 de abril de 2022.

14 abr 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.