Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O coñecemento das dúas linguas é pleno, replica a Xunta á Real Academia

Román Rodríguez sostivo que o idioma na sociedade e no ensino non é un problema

A Coruña. O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, defendeu onte que en Galicia “hai un coñecemento pleno das dúas linguas”, castelán e galego, en resposta á petición da Real Academia Galega de revisar o decreto para o plurilingüismo.

Preguntado polas declaracións do presidente da RAG, Víctor Fernández Freixanes, que reclamou tamén repasar a Lei de Normalización Lingüística, aprobada no ano 1983, o conselleiro de Educación sostivo que en Galicia o uso da lingua na sociedade e no ensino “non é un problema, máis aló de aspectos situados nos extremos do espectro lingüístico”.

“Unha parte pequena da sociedade pídenos que sexa todo en castelán e outra nos pide que sexa todo en galego”, asegurou Rodríguez, que subliñou que o decreto para o plurilingüismo demostra que se está “no centro”, atendendo “a sensibilidade social dunha sociedade que manexa con total normalidade e naturalidade dúas linguas”. Así, remitiuse ao informe PISA para sinalar que Galicia é das Comunidades que “ten un maior uso e destreza das dúas linguas”.

“En Galicia temos un coñecemento practicamente pleno das dúas linguas no ensino”, resaltou o conselleiro, quen, con todo, recoñeceu “unha debilidade no uso”, a cal “hai que traballar” como, dixo, xa fai a Xunta.

Defendeu o decreto de plurilingüismo e mostrou o seu orgullo de ser bilingüe e de usar o castelán e o galego “con total normalidade”, xa que, segundo sinalou, son un “vehículo para entendernos”. efe

16 nov 2021 / 19:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.