Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Consello da Cultura Galega leva hoxe ata Ponteceso o Festiletras

O Álbum de Galicia incorpora a entrada
de Fanny Garrigo (‘Eulalia de Liáns’)

Santiago. O Consello da Cultura Galega (CCG) colabora na nova edición do Festiletras co espectáculo Contos de animais de Celso Fernández Sanmartín. A cita terá lugar este xoves ás 16:30 horas en Aldeacouto (Ponteceso, A Coruña) , neste festival que leva case corenta anos promovendo a cultura no rural. A Fundación Eduardo Pondal organiza desde 1982 un festival que serve de escaparate de numerosas iniciativas culturais e que pretende afondar na idea de que a cultura non é só espazo para as grandes cidades. O CCG, no marco do cumprimento do seu mandato fundacional, colabora nesta cita co espectáculo Contos de animais a cargo de Celso Fernández Sanmartín.

O recoñecido narrador lalinense ofrecerá un espectáculo para público infantil que se centrará en recuperar historias arredor dos animais.

Por outra bannda, o CCG e so seu proxecto O Älbum de Galicia incorpora a entrada de Fanny Garrigo. Chamábase Francisca Claudia Josefa Antonia González-Garrido y García (A Coruña, 1842 - Madrid, 1917) aínda que era máis coñecida polo nome de Fanny Garrido e, moito menos e polo pseudónimo de Eulalia de Liáns. “Foi unha figura carismática, de gran calado intelectual que amosou un gran interese e compromiso pola cultura galega”, sinalan na nota de prensa. REDACCIÓN

02 sep 2021 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.