Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Cpeig recoñecerá á rede Dinapsis de Viaqua e ao grupo SING de Vigo

Recibirán o Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, que busca premiar a faceta social

    Santiago. O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia creou unha nova categoría de premio nesta XIV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, o Premio Obxectivos de Desenvolemento Sostible (ODS), que este ano foi para a rede Dinapsis de Viaqua e o grupo de investigación SING da Universidade de Vigo (UVigo).

    O Cpeig considera que a tecnoloxía é unha ferramenta fundamental para alcanzar os dezasete ODS de desenvolvemento sostible marcados pola Asemblea da ONU na súa Axenda 2030, que demostrou a súa transversalidade e como pode catalizar o avance e desenvolvemento social, económico, de igualdade e cohesión. “Queremos visibilizar esta faceta social e transversal da tecnoloxía premiando a diversas organizacións” -sinala o presidente do Cpeig, Fernando Suárez-.

    O Cpeig premiou á empresa do sector do medio ambiente Viaqua, que xestiona os procesos relacionados co ciclo integral da auga en Galicia. Integrou os ODS na súa estratexia corporativa ata convertelos nunha panca de cambio e transformación da empresa para favorecer un ecosistema urbano sostible, resiliente e próspero.

    Para axudar nos desafíos da escaseza de recursos e facer fronte ao cambio climático, Viaqua aposta pola transformación dixital das operacións e procesos no ámbito da xestión do ciclo integral da auga e da saúde ambiental para lograr territorios máis sostibles na súa folla de ruta cara a transición ecolóxica.

    A outra entidade premiada nesta categoría é o grupo SING, Sistemas Informáticos de Nova Xeración (https://www.sing-group.org) da Universidade de Vigo (UVigo), formado por investigadores da Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) do Campus de Ourense, integrado no Centro de Investigacións Biomédicas da UVigo e que forma parte do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur.

    SING traballa en varias liñas de investigación, enmarcadas en bioinformática, a análise intelixente de textos biomédicos, bioinformática traslaciona, enxeñaría biomédica e informática médica , empregando en moitas destas liñas intelixencia artificial e desenvolvementos de enxeñaría de software avanzados. ecg

    24 jun 2022 / 00:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito