Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O festival OUFF xa en marcha, aberto con cinema galego

Dez filmes van competir en Ourense pola Calpurnia á Mellor Película na sección oficial

Nese sentido, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asegurou que a 26ª edición do OUFF “significa a aposta máis importante do terreo cultural dunha provincia especialmente culta e vencellada á identidade, con capacidade de mirar ao futuro e á vangarda desde a esencia da súa historia”.

“Ourense é o berce do cinema en Galicia”, afirmou o presidente da Deputación de Ourense, quen sinalou que “as alianzas coa Academia Galega do Audiovisual e fornecer esta iniciativa con convenios co cinema francés, ou a francofonía, mesmo a lusofonía, a internacionalidade destas edicións, dez premieres que se van a ver en Ourense nestas datas, demostran a gran capacidade organizativa da Deputación de Ourense e da Fundación Carlos Velo –única en Galicia do mundo audiovisual”.

Cotolay, A lingua das Bolboretas, A Esmorga, Sempre Xonxa subiron tamén as táboas do escenario porque se algo caracteriza estes 26 anos de Festival de cine é o recoñecemento e posta en valor de Ourense como plató universal de cinema, punto de encontro do audiovisual galego e porta de saída cara novos escenarios nacionais e internacionais. Así o destacou Miguel Anxo Fernández, director do Festival de cine de Ourense, que sinalou como un dos piares do certame a “senda da internacionalización coa mirada posta en Portugal e México, que sumamos a Francia”.

A actriz e directora ourensá, Lucía Álvarez, que na pasada edición presentou a gala de clausura, púxose aos mandos deste evento no que a emoción dos premiados fixo de fío condutor. E é que ata catro foron os premios entregados no acto.

A actriz lusa Leonor Silveira recolleu a Calpurnia de Honra Internacional de mans do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. Luma Gómez, Premio da Fundación AISGE a toda unha traxectoria, recibiu o seu galardón de Isabel Blanco, delegada de AISGE en Galicia e o produtor Alfonso Blanco (Fosco) agradeceu o seu Premio OUFF Ourense. A entrega completouse co primer Premio OUFF Chano Piñeiro que recaeu en Beli Martínez. Luz Montes e Carmen Leyte foron as encargadas de facerlle a entrega dese trofeo.

Agradecemento á Deputación de Ourense polo seu apoio a cultura

O telón da 26 edición do Ourense Film Festival (OUFF) levántouse na noite deste venres no Auditorio Municipal da cidade. A gala, que foi dirixida un ano máis por Ángel de la Cruz, estivo marcada por unha sentida homenaxe ás figuras do cinema que nos teñen acompañado nos últimos anos. Nomes como Fernando Fernán Gómez e Luis García Berlanga, que estarán presentes nesta edición por mor do centenario do seu nacemento, soaron no Auditorio, xunto cun adianto do que se verá en Ourense nestes dez vindeiros días.

25 sep 2021 / 00:14
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito