Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O filme ‘Donde acaba la memoria’ abrirá este Festival de Cans 2021

O compoñente galego está de principio a fin no documental que narra unha viaxe emocionante

Santiago. A estrea do filme Donde acaba la memoria servirá para abrir a XVIII edición do Festival de Cans, que terá lugar do 1 ao 4 de Setembro. A película supón a estrea como director do cineasta vigués Pablo Romero-Fresco.

Donde acaba la memoria é un emocionante documental protagonizado polo célebre historiador hispanista de orixe británica Ian Gibson. Na película, Pablo Romero-Fresco volve sobre a viaxe que Luis Buñeul realizou en 1933 a Las Hurdes (Cáceres), unha terra afastada e miserenta. Alí rodaría Tiera sin pan. 85 anos despois, o hispanista e biógrafo Ian Gibson pecha o ciclo dunha viaxe emocionante, que comenza en Las Hurdes e remata sobre os restos de Lorca en Granada, pechando a viaxe dunha vida enteira. No documental interveñen cineastas como Carlos Saura ou o británico Mike Dibbs, e personalidades como Román Gubern.

Ian Gibson participará, en Cans, da estrea mundial da película, producida por Xavi Font, coproductor de O que Arde, e que tamén compuxo a banda sonora xunto con Elba Fernández. A montaxe fíxoa Xacio Baño.

A estrea terá lugar no serán do 3 de setembro no novo emprazamento do Centro Cultural Municipal do Porriño. Será inmediatamente despois do remate da Tarde Coira, adicada ao cineasta galego Jorge Coira e na que tamén vai ser estreada o filme documental Beiras, vivir dúas veces. Na película, o tamén autor de éxitos coma a serie HIerro ou a película 18 comidas achégase ás vidas do histórico político galego.

Parte da programación da XVIII edición do Festival de Cans, e tamén o seu cartaz, presentáronse hoxe na compostelá Fabrica de Nikis. O equipo desta empresa, Nikis Galicia, deseña cada ano os cartaces do certame e apoia a súa celebración. O Festival de Cans celébrase en setembro por segundo ano consecutivo despois da pausa do 2020. Como xa aconteceu o pasado ano, as medidas de distancia, seguridade, e sobre todo protección dos veciños serán fundamentais nesta edicón. O aforo volve estar limitado e a distancia social garantirase.

O director, Pablo Romero-Fresco explicou, sobre a película, que non se trata “dun retrato ao uso” da viaxe e do personaxe, ao que engadiu que a “compoñente galega” do proxecto, está de principio a fin na película”. Redacción

14 jul 2021 / 18:18
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.