Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O galego cumpre dez anos no Twitter

Esta inciativa de poder configurar e normalizar a lingua galega nesta rede social é un dos proxectos dixitais máis antigos que segue manténdose en activo

SANTIAGO. Este venres a iniciativa que logrou que Twitter comezara a publicar chíos en vez de tweets, celebra o seu décimo aniversario. Un día de celebración ao que se están sumando personalidades do mundo académico como o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, ou a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; así como persoas relacionadas como mundo da literatura, Marilar Aleixandre ou Arancha Nogueira; do activismo dixital, Marcus Fernández; da televisión ou o cine, Monti Castiñeiras e Carlos Ares; do xornalismo, Kiko Novoa e Alfonso Hermida, ou mesmo representantes políticos como Mercedes Queixas e Ana Miranda do BNG; e Noa Diaz do PSdeG.

Despois dunha reivindicación intensa en que se logrou traducir esta plataforma en apenas seis meses, o Twitter en Galego é un dos proxectos dixitais máis antigos que segue manténdose en activo. O creador da iniciativa, Carlos Vieito, salientou que “o Twitter en Galego non vai descansar até que sexa posíbel poder chiar tamén dende todos os dispositivos móbiles”. E é que de momento o Twitter só se pode configurar en galego na versión web, pois “o galego segue en fase beta a igual que outras linguas como o éuscaro ou o irlandés”, recalcou Vieito.

Destacan que de aí a importancia de manterse activos até lograr todos os obxectivos cos que naceu este proxecto dixital: poder configurar o galego e normalizar a lingua nesta rede social. “É fundamental termos a posibilidade de poder, se quixer, configurar calquera aplicación na nosa lingua, mais é moito máis primordial que os usuarios e usuarias destas plataformas poidan sentirse cómodas comunicándose na súa lingua, sen estar sometidas a ningunha presión ou prexuízo” explicou. A iniciativa, mentres segue á espera de que se permita acceder novamente ao Twitter Translation Center para poder actualizar a versión móbil, segue a traballar na divulgación de contidos referentes da cultura galega e dinamización da lingua. ECG

07 may 2021 / 11:23
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.