Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘O gran poema’ de Tino de Féliz, novidade editorial de Chan da Pólvora

literatura. A editorial de vangarda Chan da Pólvora ven de publicar un dos poucos libros que hai tan asombrosos na literatura galega recente como é O gran poema de Tino de Féliz, nome comunal co que foi coñecido Constantino Bértolo durante a súa infancia e adolescenciacia en Navia de Suarna, a vila onde neceu en 1946.

Décadas despois de abandonar Galicia e de desenvolver unha longa traxectoria como crítico e editor de audacia esculcadora, Bértolo volve a mirada cara ao pasado e reencóntrase cunha paisaxe eterna (a da súa terra natal) e cunha experiencia de amor perdida, a dun idioma do que foi arrincado.

A primeira impresión que xurde ao abrir O gran poema de Tino de Féliz é que estamos ante un libro concibido como un monte ou como un río. Un libro que sae das tripas da terra para romper a pedra e abrir o aire. Ao abeiro de Tino de Féliz está Constantino Bértolo, o home que nas décadas mediadas entre o seu alcume infantil e este asombroso libro se converteu nun dos críticos e editores con máis prestixio de Europa.

Estamos ante un libro portentoso, ante un acto de vontade política, de toma de partido, de recuperación do idioma como cerna comunal. Un gran poema como regreso e como inocencia, como forma laica do crer. ECG

26 ene 2021 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.