Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O legado de Manuel Moldes será analizado nunha xornada

A cita, este xoves no Consello da Cultura Galega, pode seguirse presencial ou no web

Santiago. Manuel Moldes (Pontevedra, 1949-2017) foi un dos grandes artistas galegos dos séculos XX e XXI, fundador do grupo Atlántica e unha referencia da arte contemporánea galega. Sobre a súa traxectoria artística e persoal afonda a xornada Moldes na memoria, que se desenvolve este xoves no Consello da Cultura Galega (CCG).

A cita, coordinada pola súa viúva e presidenta da Fundación Moldes, Carme Díaz Cacheda, é presencial pero pode seguirse en directo a través do sitio web e as redes sociais da institución.

Foi un artista que produciu obra máis de 50 anos, o que lle permite abranguer todo tipo de temáticas e discursos.

Nesta actividade faranse unha serie de achegamentos á obra de Moldes en distintas épocas da súa pintura e como esta está imbricada co mundo da arte. O poeta e escritor Mariano Hernández de Ossorno vaino situra no contexto artístico dos anos 70.

Luis Francisco Pérez, crítico e teórico da arte contemporánea e comisario de exposicións, ofrecerá un relatorio O sofisticado e cosmopolita expresionismo vernáculo de Manuel Moldes no panorama pictórico español dos 80.

E remata a sesión de relatorios co comisario e crítico de arte Carlos López Bernárdez que afondará na idea da pintura como vivencia. ecg

10 nov 2021 / 17:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.