Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O medio e os océanos, eixos dun programa de Afundación e Abanca de sustentabilidade

Impulsan diversas actividades para concienciar á sociedade sobre un modelo económico, social e ambiental equilibrado

Abanca e a súa Obra Social, Afundación, impulsarán durante todo xuño un intenso programa de actividades de promoción da sustentabilidade, con motivo da celebración do Día Mundial do Medio, o venres 5, e do Día Mundial dos Océanos, o luns 8.

Estas datas son parte do calendario de Nacións Uni-das, que ten por obxectivo concienciar á sociedade sobre a contribución aos Obxectivos de Desenvolve-mento Sostible, e neste caso chamar á participación con actuacións sobre o ODS13: Acción polo Clima e do ODS14: Vida Submarina. O programa enmárcase no compromiso de Abanca e Afundación a favor dun modelo sostible que permita contribuír ao equilibrio económico, social e ambiental da súa contorna, un compromiso os 365 días do ano para mellorar a sociedade e fomentar o desenvolvemento integral de todos os que formamos parte dela.

A programación, que comezará o vindeiro luns e que se poderá seguir en directo no portal Afundación en casa, está dirixida a públicos de todas as idades e inclúe ciclos de conferencias, coloquios, exposicións, recreacións virtuais, talleres ou proxeccións, entre outros, co obxectivo de concienciar, mobilizar e unir ao redor da acción ambiental e a xestión sostible dos océanos.

María Mendiluce, integrante do Comité de Direc-ción do Consello Empresa-rial Mundial para o De- senvolvemento Sostible (WBCSD) e CEO de We Mean Business, unha das organizacións máis influentes nas relacións de medioambiente e clima e política de empresas, abrirá o ciclo de conferencias Comprometidos co Medio e os Océanos, o luns ás 17.00 h, co relatorio O liderado empresarial para o desenvolvemento sostible tras covid-19, no que analizará como o coronavirus está a afectar as grandes tendencias globais, os obxectivos de desenvolvemento sostible e as grandes prioridades ante o cambio climático, e cal debe ser a resposta empresarial e gobernamental.

Durante todo o mes, profesionais e profesores de prestixio no ámbito nacional e internacional, impartirán sesións virtuais gratuítas en vivo e en directo a través de conferencias, presentacións, coloquios e entrevistas. Así, o secretario xeral da Confede-ración Española da Pesca, Javier Garat, falará sobre a Contribución da pesca aos Océanos Sostibles: A visión do sector pesqueiro internacional; Nieves Cifuentes, responsable corporativa de Me-dio Ambiente e Sustentabili- dade de Naturgy, abordará o 5 de xuño Cara á enerxía do futuro: do homo sapiens á economía circular.

Ademais, baixo o epígrafe Innovación para un océano sostible, científicos de diferentes áreas de investigación do Instituto de Oceanografía ofrecerán a súa perspectiva sobre as ameazas ás que se enfrontan os océanos e as posibles solucións para unha mellor sustentabilidade desde un punto de vista ambiental e socioeconómico.

E no coloquio Mulleres do mar ofrecerase a perspectiva de tres profesionais do sector: a presidenta da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca, Rita Míguez de la Iglesia; a mariñeira e pescadora Jenifer Suárez Silva; e a responsable da área de Socioeco-nomía da Pesca do Cetmar Vigo, Rosa Chapela Pérez.

Abanca e Afundación desenvolven a través da súa actividade unha estratexia de sustentabilidade que promove un modelo que contribúa ao equilibrio económico, social e ambiental.

Exposición virtual sobre o mar dende as coleccións da entidade

Santiago. A programación inclúe, tamén, a estrea da exposición virtual O mar nas coleccións de arte Abanca e Afundación. Integrada por 50 obras de 28 artistas que interpretan o mar e os océanos desde distintas perspectivas, móstrase, nun novo espazo, unha galería de arte virtual para o século XXI que ten como obxectivo presentar ao público as posibilidades das novas tecnoloxías aplicadas á arte e a cultura.

Por outra banda, en Afundación en casa e dentro deste programa Comprome-tidos co Medio e os Océanos, poderase visitar un mapa interactivo que recrea virtualmente unha estimación, baseada en proxeccións de datos a escala global procedentes de estudos científicos, da elevación do nivel do mar en distintos puntos da península ibérica no ano 2100.

Así mesmo, o equipo do Centro Interactivo de Edu-cación Ambiental de Afun-dación, Naturnova, centro que tamén se pode visitar virtualmente, deseñou obradoiros para poñer en práctica en familia nos que se poderán facer tres experi- mentos: Correntes mariñas, Contaminación dos océanos e Choiva aceda. Igualmente, promoverase un decálogo de boas prácticas que cada persoa de maneira individual pode implementar.

29 may 2020 / 20:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.