Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O mellor promedio de espectadores por sala en España para ‘Ons’: 75

CINEMA. Nunha fin de semana marcada polo temporal Filomena, con fortes nevaradas no centro e leste da península e a consecuente caída da asistencia aos cines no territorio estatal, a película Ons, que se exhibe con 12 copias en cidades galegas, colocouse no top 20 de recaudación en cinemas e logrou unha media de 75 espectadores por pantalla, a mellor de toda España. Na súa cuarta fin de semana en carteleira, a longametraxe dirixida por Alfonso Zarauza logrou aumentar un 96 % a súa recadación con respecto á semana anterior, grazas a que se incorporou a novas pantallas nas cidades de Ourense e en Pontevedra, e tamén ao Cine Teatro Salesianos de Vigo, onde foi a película máis vista dos últimos meses. No último pase deste domingo neste cine de Vigo, que presentaron o director de Ons e un dos seus actores protagonistas, Antonio Durán Morris, esgotáronse as entradas e quedaron ducias de espectadores fóra. Estes resultados de Ons ratifican o bo funcionamento do boca-orella na difusión deste filme en galego, estreado o pasado 18 de decembro e que vai camiño dos 5.000 espectadores en Galicia, nun momento no que a COVID impón necesarias restricións actuais de aforamento e confinamentos perimetrais nas cidades galegas. redacción

12 ene 2021 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.