Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Museo do Pobo Galego celebra a súa asemblea ordinaria de socios

REUNIÓN. A asemblea ordinaria de socias e socios do Museo do Pobo Galego terá lugar o vindeiro sábado 18 de xullo, na sede desta institución. Polas restricións derivadas da vixencia do estado de alarma no mes de maio, cando correspondía celebrar dita asemblea segundo os estatutos, o consello de goberno do Padroado do Museo do Pobo Galego, acordou no seu momento o adiamento da mesma até ser convocada conforme á lexislación aplicable. A Asemblea celebrarase no auditorio do Museo cumprindo os requisitos de hixiene e distanciamento social fixados pola normativa aplicable, completarase o aforo según a lei.

Ao remate da sesión procederase á imposición da Insignia de Prata do Museo do Pobo Galego a socias e socios que cumpran 25 anos de antigüidade nesta institución. ECG

07 jul 2020 / 20:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito