Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Museo do Pobo recibe unha partida extraordinaria para o seu financiamento

Un convenio asinado entre a Xunta e esta institución inclúe 200.000 euros para completar o deseño dunha nova museografía

A Xunta de Galicia reforza a súa colaboración co Museo do Pobo Galego a través dun convenio de colaboración entre ambas institucións que este ano inclúe unha partida extraordinaria de 200.000 euros para completar o deseño dunha nova museografía tras a ampliación, inaugurada o pasado marzo.

O acordo foi asinado na mañá do luns polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi. Este investimento de máis de 500.000 euros, contribuirá ao financiamento de parte dos gastos de funcionamento do museo, ao tempo que se impulsarán actividades culturais para desenvolver neste inmoble, un espazo cargado de forte simbolismo e un emblema tanto para Galicia como para a cidade de Compostela.

A este respecto, o titular de Cultura e Educación explicou que coa renovación deste convenio a Xunta “competa o compromiso adquirido o pasado ano para a posta en valor dunha cabeceira espiritual e simbólica da rede de museos antropolóxicos de Galicia”.

Concretamente, máis de 300.000 euros do acordo destinaranse a colaborar co mantemento do espazo museístico e a actividades, mentres que a partida restante será para o a nova museografía que se desenvolverá na ala sur e á cal o Goberno galego, única administración comprometida co proxecto, destina 400.000€ en dúas anualidades. Neste senso, Román Rodríguez fixo fincapé en que “é necesario o compromiso de todos” para que esta institución continúe sendo un centro referente en Galicia.

Román Rodríguez aproveitou a súa visita o Museo do Pobo Galego para reiterar o compromiso da Administración autonómica con todas as dotacións e equipamentos culturais da Comunidade. Nesta liña, precisou que a achega deste ano supón un incremento do 12 % en relación ao pasado ano co fin de facilitar a programación dun amplo abano de actividades nos centros.

Cómpre lembrar que as novas instalacións do Museo do Pobo Galego foron inauguradas o pasado 1 de marzo tras completar as obras de inauguración que permitirán ofrecer un cadro aínda máis completo de Galicia, ao incluír un percorrido pola historia autonómica.

No contexto destas obras, ademais de dotar ao edificio de 1.600 metros máis de superficie, tamén se renovaron as fachadas e cubertas cun mellor illamento e se mellorou a comunicación coa instalación dun ascensor de alta capacidade e dunha escaleira vertical que une todas as plantas. Esta actuación realizouse a través do Consorcio de Santiago, cunha achega de 2,7 millóns de euros.

26 abr 2021 / 14:41
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.