Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O noso patrimonio funerario, nun libro de Teófilo Edicións

‘Cemiterios egrexios e tumbas de poetas’, da autoría de Xosé Gándara Arxomil, da a coñecer unha parte da nosa historia e a literatos insignes

Teófilo Edicións publica Cemiterios egrexios e tumbas de poetas de Xosé Gándara Arxomil. Este libro, tal e como expresa o seu título, tenta dar a coñecer dun xeito divulgativo e ameno, acompañándose de fotografías e facilitando as coordenadas para as localizacións, o noso patrimonio funerario, bastante descoñecido e ignorado e a literatos insignes.

O libro está dividido en tres partes. No limiar expóñense, a través de rápidas pinceladas, ritos e crenzas sobre a morte ao longo da historia, no mundo e en Galicia.

En Cemiterios egrexios amósase un catálogo dos cemiterios máis interesantes de Galicia, segundo criterio do autor. É este un patrimonio, pouco recoñecido que se merece un mellor coñecemento e consideración.

O apartado Tumbas de poetas ofrece unha relación de escritores relevantes que ven ordenada pola data de nacemento.

De cada creador móstrase a fotografía da súa tumba. Ven acompañada dunha reseña biográfica que busca entroncar a súa obra no devir das máis importantes correntes literarias universais.

Termina esa sembranza cun breve texto da autoría de cada autor, de temática fúnebre. Na escolma hai poetas pero tamén aparecen prosistas, dramaturgos...

A grande maioría dos aquí escolleitos escriben en galego pero tamén os hai que escriben en castelán, en portugués ou en francés. Este libro trata de fomentar no lector o amor á literatura galega sen menoscabo doutras linguas e as súas literaturas e de poñer en valor un rico patrimonio que garda a memoria dos devanceiros.

27 nov 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.