Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O novo Plan Catedrais da Xunta blindará a conservación e rehabilitación das cinco galegas no horizonte do Xacobeo 2027

Porase en marcha esta primavera co fin de reforzar a planificación e dar continuidade ao esforzo inversor levado a cabo nestes bens nos últimos anos/ Román Rodríguez salienta que se actuará sobre os templos de Lugo, Ourense, Tui e Mondoñedo seguindo os bos resultados acadados na Catedral de Santiago

O novo Plan Catedrais que prepara a Xunta blindará o mantemento e conservación destes cinco grandes templos galegos no horizonte do Xacobeo 2027 para dar continuidade ao esforzo inversor dos últimos anos coa intención de seguir preservando o patrimonio. Así o avanzou onte o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, nunha visita á Catedral de Mondoñedo onde anunciou un primer investimento de máis de 300.000 euros para a restauración do conxunto mural do presbiterio e nave central.

Como explicou o conselleiro, que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, este plan será unha “útil ferramenta” que reforzará a planificación e marcará a folla de ruta dos vindeiros anos.

Rodríguez sinalou como punto de partida a Catedral de Santiago onde, grazas aos traballos de rehabilitación coordinados e aos esforzos conxuntos, “reestreouse” este ano nas mellores condicións para a década xacobea. “Seguirémola coidando -afirmou Román Rodríguez-, pero agora queremos centrar tamén as nosas actuacións no resto de catedrais galegas poñendo outro horizonte temporal, o Ano Santo 2027 para seguir recuperando o noso patrimonio vinculado ao Camiño de Santiago”.

O Plan Catedrais está neste momento en elaboración, en diálogo coas distintas dioceses, coa previsión de aprobalo esta primavera, dirixido fundamentalmente aos templos matrices de Lugo, Ourense, Tui e Mondoñedo co fin de “protexer e valorizar o patrimonio como un elemento de desenvolvemento económico e emocional”.

Trátase dunha actuación que beneficiará ás catro provincias e que actuará en bens que suman máis de 4.500 anos de historia, todas elas está vinculadas ao Camiño de Santiago. De feito, tres delas están incluídas na declaración de Patrimonio Mundial da Unesco.

Un millón de euros no Camiño do Norte. Unha das catedrais incluídas neste plan é a de Mondoñedo que o conselleiro visitou onte e onde anunciou a licitación da restauración das pinturas murais, por máis de 300.000 euros. Trátase dunhas actuacións para “seguir revalorizando un dos máis destacados Ben de Interese Cultural de Galicia e unha das xoias do Camiño do Norte”.

Un templo, ademais, no que a Xunta investiu nos últimos anos máis de 1,1 millóns de euros para a restauración da súa cuberta e da Casa dos Coengos, actuacións ás que os actuais traballos darán continuidade, resolvendo as importantes patoloxías nas pinturas debido ás humidades. O proxecto, cofinanciado con fondos Feder, permitirá resolver os danos na policromía barroca, a pintura mural da nave e o retablo do altar maior.

Por iso, faranse traballos de limpeza superficial, protección das zonas en perigo de desprendemento, consolidación de morteiros, fixación da policromía, reintegración e limpeza cromática, entre outras. Para poder desenvolver os traballos asinouse un convenio de colaboración coa Diocese de Mondoñedo-Ferrol para a conservación de varios inmobles eclesiásticos.

30 mar 2021 / 18:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.