Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Xunta e do sector turístico

Inclúe 50.000 prazas de formación voluntaria e un teléfono para dese xeito resolver as dúbidas a empresas e profesionais

O Goberno galego e o sector turístico traballarán no Pacto por un destino seguro, que inclúe unha batería de accións para mellorar a información, asesoramento e formación das empresas e profesionais turísticos galegos en materia de seguridade sanitaria, así como apoio económico para adecuarse á situación actual.

Trátase dun acordo presentado onte por parte do conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, o Clúster Turismo de Galicia e as asociacións sectoriais e profesionais de cada provincia. O titular de Cultura e Turismo da Xunta, que estivo acompañado pola directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou a importancia de garantir que a nosa Comunidade sexa un destino seguro, capaz de ofrecer as máximas condicións de seguridade sanitaria para profesionais e usuarios. Para acadar este obxectivo prevese a posta en marcha dun plan de formación voluntario centrado neste eido e impartido polo Centro Superior de Hostele-ría de Galicia (CSHG) e as entidades sectoriais e provinciais. A iniciativa botará a andar a próxima semana e contará cunha oferta inicial de 50.000 prazas en 500 accións formativas de carácter xeral adaptadas ás especificidades de cada subsector e de cada área xeográfica.

Román Rodríguez subliñou que se trata dunha oferta inicial, que se ampliará en caso de que sexa necesario co obxectivo de chegar ao maior número de profesionais e establecementos. Avanzou ademais onte que os participantes poderán obter un certificado opcional que acredite o coñecemento de medidas de seguridade sanitaria.

Esta proposta súmase ao servizo de teleformación impartido desde o comezo da crise sanitaria por parte do CSHG para mellorar a capacitación das empresas e profesionais turísticos en aspectos como os idiomas, o márketing ou ferramentas dixitais.

Para afondar nos obxectivos do Pacto por un destino seguro, a Xunta, a través do CSHG, o Sergas e o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral (Issga), en colaboración con representantes do sector e entidades como o Instituto para la Calidad Turística Española (ICTE), a Federación Galega de Muni-cipios e Provincias (Fegamp) e especialistas como o profesor e catedrático de Medici-na Preventiva e Saúde Públi-ca da USC, Juan Gestal, ela- boraron 11 manuais para os distintos axentes do sector coas principais recomendacións e medidas de seguridade hixiénico-sanitaria.

Entidades colaboradoras Todas estas medidas desenvolveranse en colaboración cos seguintes colectivos e asociacións profesionais e sectoriais: o Clúster Turismo de Galicia, a Unión Hostelera Coruñesa, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería y Turismo de Lugo, a Federa-ción de Hostelería de Ouren-se, a Asoc. de Empresarios de Hostelería en Pontevedra, o Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo, a Asociación Provincial de Empresarios da Restaura-ción e Hospedaxe de Santiago de Compostela, a Federación Galega de Turis-mo Rural, a Asociación Galega de Albergues Priva-dos, a Asociación Galega de Campings, a Asociación de Balnearios de Galicia, a Asociación Galega de Axen-cias de Viaxes, a Asociación Profesional de Guías Turísti-cos de Galicia, a Asociación Galega de Empresas de Tu-rismo Activo e a Asociación Galicia Destino Golf. Todo un exemplo de colaboración.

22 may 2020 / 21:52
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito