Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Pontevedrés Alberto Barco Ogando Mellor Colección Miscelánea na pasarela Despunte da EASD Mestre Mateo

O pontevedrés Alberto Barco Ogando gañou o premio á Mellor Colección Miscelánea na pasarela Despunte da EASD Mestre Mateo por “?”. Un traballo no que destaca a inspiración Bauhaus e as referencias á xastrería tradicional, con colaboracións con artesáns galegos.

Ao respecto, da colección o propio alumno da EASD Mestre Mateo dí “esta colección nace da mestura entre as formas básicas da escola Bauhaus con prendas de xastrería masculina e un xiro urbano e divertido que se reflicte na implantación da ilusión óptica a través de parches impresos nas pezas. Os traxes están feitos enteiramente de lá fría, os calzóns e camisas en algodón exipcio. Estas dúas últimas prendas foron intervidas para dar un toque artístico pola artesá María Feijóo. Con todo isto artellase unha colección clásica sen caer no historicista, resultado que non quixen nomear, para que cada quen saque as súas conclusións do que nela aprecia. Como dicía Oscar Wilde: “Definirse é limitarse””

06 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.