Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 28 noviembre 2022
02:51
h

O popular humorista Manolo Sarria visitará esta noite o ‘Land Rober’

A escritora e relatora mexicana Adriana Macías acompañará
a Roberto Vilar

Santiago. Este xoves visíta o Land Rober un humorista dos pés á cabeza: Manolo Sarria. Coñecido por formar parte do Dúo Sacapuntas e presentar o programa Atrápame si puedes en Canal Sur, o cómico virá pintar a mona e porémolo a proba sobre os presentadores galegos. Coñecerá ao seu homónimo da TVG?

Por se fora pouco visítanos Adriana Macías, escritora e relatora mexicana que percorre o mundo dando unha lección de vida. Naceu sen brazos pero iso non lle impediu cumprir todos os seus soños.

Volve ademais a Familia de mariscadores máis argalleira! Desta vez parece que Josiño vai ser o protagonista dun documental ao estilo do da famosa Georgina. Como está o panorama!

O noso público tamén vai pintar a mona e teremos que descubrir cal dos participantes non é galego polo xeito que ten cortando no polbo! Si si, isto vai ser unha feira!

Isto e máis con Roberto Vilar, Eva Iglesias, Miguel Canalejo e Jose Baño, a partir das 22.00 horas na Televisión de Galicia.

VOLTA CICLISTA A GALICIA. Ampla cobertura dos medios públicos galegos para achegar esta semana a nova Volta a Galicia O Gran Camiño, volta profesional coa que Galicia regresa ao calendario do ciclismo internacional tras dúas décadas de ausencia. Unha vintena de equipos nacionais e internacionais de primeiro nivel e grandes nomes do ciclismo competirán a través da xeografía galega nesta cita deportiva, que se desenvolverá desde hoxe ata o domingo.

TVG, que posúe os dereitos de emisión para Galicia, ofrecerá pola G2 estes días de competición, en que os corredores rodarán polas catro provincias galegas e polas distintas vías de peregrinación a Compostela, agás o sábado, en que a TVG será a canle que retransmita a etapa raíña desde Ourense. Hoxe, mañá e o domingo, a transmisión comezará arredor das 13.00 e o sábado as 16.00 horas. ecg

24 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.