Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O populismo retratado por universitarios galegos: quen é populista e quen non?

Alumnos e alumnas de Ciencias Políticas coinciden en situar a Trump, Abascal e Maduro coma o máximo exponente do populismo

O termo “populismo” emprégase moitas veces de forma incorrecta, tanto por figuras públicas como en medios de comunicación, co cal o máis común é que a poboación teña unha idea distorsionada do concepto e o empregue tamén de forma incorrecta.

O uso dado a este termo no discurso político é xeralmente pexorativo, emprégase como acusación duns políticos a outros referíndose a que so falan para “engatusar” á poboación. Por isto mesmo imos comprobar se a idea que teñen as nosas estudantes está distorsionada por mor deste discurso, ou se, polo contrario, se achegan máis ó significado real do concepto.

Neste traballo compararemos unha das definicións máis completas a nivel académico do populismo co significado que ten para estudantes de distintas carreiras, centrándonos sobre todo nos de Ciencias Políticas da USC.

O populismo, segundo a Real Academia Española (RAE), é unha tendencia política que pretende atraer ás clases populares. Cas Mudde e Cristóbal Rovira, escritores de “Populism. A Very Short Introduction” (Oxford University Press, 2017) o definen como unha ideoloxía delgada (non é unha cosmovisión, si non que acompaña sempre a unha ideoloxía grosa ou hóspede), que considera a sociedade dividida básicamente en dous campos homoxéneos e antagónicos, o “pobo puro” fronte a “élite corrupta”, e que sostén que a política debe ser a expresión da vontade xeral do pobo.

Algúns dos elementos que nos permiten recoñecer ós partidos que empregan unha estratexia populista son:

● Empregar un discurso esaxerado e emocional.

● Simplificar o discurso e, en moitas ocasións reducilo a unha dicotomía entre dous factores aparentemente opostos (explicado xa na definición de Mudde e Rovira); xeralmente estes partidos expresan que a sociedade está dividida entre o “pobo” e a “élite corrupta”, e que quenes gobernen deben facer política expresando a vontade xeral do pobo, sin embargo, ao existir o populismo dentro tanto de partidos de esquerdas como de dereitas, as definicións e significados do pobo e a élite varían segundo a idoloxía á que acompañe o populismo.

A continuación, mostrarei as respostas dadas por un grupo de estudiantes a algunhas preguntas sobre este tema, deste xeito saberemos qué concepción ten do populismo a poboación moza universitaria, sendo as preguntas:

1. Definición rápida do que crees que é o populismo

2. Crees que o populismo sempre é malo?

3. Os seguintes líderes son populistas? Ordénaos dos que crees que son máis populistas ós que menos:

Pablo Casado, Santiago Abascal, Pedro Sánchez, Gabriel Rufián, Donald Trump, Mariano Rajoy, Pablo Iglesias, Alberto Núñez Feijoo, Nicolás Maduro e Boris Johnson.

Comenzo as entrevistas coas estudantes de carreiras alleas á ciencia política:

Antón Penabad Garabito, estudiante de Psicoloxía

1. El populismo es una forma de hacer política que se basa en complacer los intereses generales del pueblo.

2. No necesariamente es malo, por definición no lo es desde luego. Lo que pasa es que se utiliza mucho para hacer campaña y comprar la atención e interés del pueblo, muchas veces ni se pretende hacer lo que se dice. Otras muchas son incluso falacias lo que se predica creo. Creo que todos los partidos políticos caen en mayor o menor medida en el populismo, especialmente cuando se hace campaña.

3. Diría que todos esos son populistas, unos más que otros. De mayor a menor Donald Trump, Santiago Abascal, Nicolás Maduro, Pablo Casado, Mariano Rajoy, Gabriel Rufián, Pedro Sánchez, Alberto Núñez Feijoo y Pablo Iglesias.

Fiona Lemos Perez, estudiante de Comunicación Audiovisual

1. El populismo es la idea que se forma cada uno sobre un tema en base a lo que ve, lee y escucha; ya sea por medios informativos u opiniones de otras personas

2. No, todo tiene su lado bueno y malo. El populismo en este caso tendrá sus cosas buenas pero normalmente los usuarios se quedan con lo superficial y banal sin ir más allá, quedándose con una opinión y visión que no tiene porqué ser la suya, sino una influenciada. Sin ir más allá, si suele ser algo malo porque cada uno se forma lo que otra persona quiere que pienses, si desarrollas tú tu propio punto de vista no.

3. Todos son populistas en cierta medida, por orden: Nicolás Maduro e Donald Trump, Boris Johnson, Santiago Abascal, Gabriel Rufián e Pablo Iglesias, Pablo Casado, Feijoo, Rajoy y por último Pedro Sánchez.

Abel J. Sánchez Carnero, estudante de Enxeñería Química

O populismo retratado por universitarios galegos: quen é populista e quen non?

1. O populismo é velar polo interese do pobo.

2. Non debería de selo, mais é malo cando se emprega para a captación de votos, sen intención algunha de levalo á práctica.

3. O populismo paréceme algo que está presente en toda a política, en maior ou menor medida e en diferentes formas. Aínda que Trump e Maduro me parezan populistas os dous, distan bastante un do outro no ámbito político.

Clara Marqués Souto, estudante de Comunicación Audiovisual

O populismo retratado por universitarios galegos: quen é populista e quen non?

1. O populismo é uso de ideas ou sentimientos que soen apelar á maior parte das personas. normalmente usado con intención de manipular e convencer ó público da boa intención da persoa que o utiliza.

2. Non, usar un discurso que alente e chegue a maior público pode resultar efectivo e beneficioso con boas intencións, o problema reside precisamente en que a intención soe ser manipulatoria máis que polo interese do ben maior.

3. Considero que todos son populistas: os que máis Santiago Abascal, Donald Trump e Boris Johnson; despóis Pedro Sánchez, Nicolás Maduro e Alberto Núñez Feijóo; e por último Pablo Casado, Gabriel Rufián e Mariano Rajoy.

Álex Aloy Vidal, estudante de Periodismo y Relaciones Internacionales

1. Brevemente, el populismo es dar soluciones fáciles y sencillas a problemas complejos. Se trata de un mensaje que rápidamente cala en la población ya que no requiere de mucho elaboración ni entendimiento para su comprensión.

2. Sí, pienso que nunca es una solución que atajará de verdad los grandes problemas políticos porque suelen tener muchas aristas y puntos de vista diferentes. En ocasiones el populismo puede servir para enganchar a la ciudadania a un proyecto ilusionante pero generalmente la compleja realidad de gobernar para toda la sociedad se acaba imponiendo.

3. Pienso que todos lo son, excepto tal vez Mariano Rajoy y Feijoo por ser políticos muy veteranos. El orden sería: Donald Trump, Boris Johnson, Nicolás Maduro, Santiago Abascal, Pablo Iglesias, Gabriel Rufián, Pablo Casado, Pedro Sánchez, Mariano Rajoy y Alberto Núñez Feijoo.

Anónima, estudante de Educación Social

1. O populismo inicialmente entendíase como a defensa dos intereses do pobo. Pero dende fai unos anos se lle atribúe un significado mais peyorativo, empregándose como insulto para insinuar que unha persoa ou grupo so intenta gañar mais votos ou seguidores, pero sen intención de levar a cabo o que promete.

2. Creo que en esencia non tería que ser malo, pero que actualmente sí que se usa como unha mala práctica.

3. Son populistas: Donald Trump, Boris Johnson, Santiago Abascal, Pablo Casado, Alberto Núñez Feijoo e Pablo Iglesias; Gabriel Rufián e Nicolás Maduro non o teño claro.

Non son populistas: Pedro Sánchez nin Mariano Rajoy.

A partir deste punto as entrevistadas son estudantes de ciencias políticas:

Rubén Iglesias Ferro, graduado en Ciencias Políticas e da Administración

1. Considero que é un movemento que busca maioritariamente o apoio do pobo a través, sobre todo, das emocións deste. Procuran buscar un inimigo (a inmigración, os ricos...) como resposta aos problemas socioeconómicos que pode haber nun Estado (o paro, a pobreza, a desigualdade...).

2. Creo que si (sempre é malo), xa que contribúe a unha maior polarización da sociedade, e isto, segundo lin nun artigo hai un par de días, provoca un aumento da desconfianza social por temas meramente ideolóxicos. Ademais, unha vez chegados ao poder, os líderes populistas poden facer políticas públicas baseadas en meros prexuízos, sen ningún tipo de criterio obxectivo.

3. Son populistas: Nicolás Maduro, Donald Trump, Pablo Iglesias y Santiago Abascal.

Non son populistas: Boris Johnson, Gabriel Rufián, Pablo Casado, Pedro Sánchez, Mariano Rajoy nin Alberto Núñez Feijoo.

Laura Anido Ares, estudante de Ciencias Políticas e da Administración

1. O populismo é un fenómeno político que busca chamar a atención das masas populares, tanto dende a esquerda como dende a dereita e extrema dereita. Normalmente contan con líderes carismáticos e términos para referirse a un inimigo común.

2. Non sempre, pero sí a maioría de veces xa que moitas veces se usan falsidades para convencer a cidadanía ou incluso discursos de odio. Cando se convirte nunha loita honrada e sen discriminacións a colectivos que chama a atención a moitas persoas baixo o meu punto de vista xa non falaríamos de populismo.

3. Consideraría populistas a Trump, Abascal, Boris Johnson e Maduro nese orde.

Non populistas: Pablo Casado, Pedro Sánchez, Gabriel Rufián, Mariano Rajoy, Pablo Iglesias e Alberto Núñez Feijoo.

Alejandro Fernández Garrido, graduado en Ciencias Políticas e da Administración, actualmente estudiante no Master en Marketing, Comunicación Política e Consultoría

O populismo retratado por universitarios galegos: quen é populista e quen non?

1. Entendo o populismo como un plantexamento de confrontación social, que busca posicionar, con hostilidade, as masas populares fronte a unha elite ou grupo dominante. A isto súmase un estilo de comunicación política que xoga moito coa vertente emocional do electorado, buscando satisfacer as súas esperanzas no caso de lograr poder suficiente. Tamén existe unha impaciencia que non se corresponde cos tempos políticos, con respostas instantáneas ante os problemas e flexibidade nas súas lecturas.

2. Non, porque temos que entender que o populismo por si mesmo non é unha ideoloxía, senón un plantexamento compatible con calquera ideoloxía. A utilización da metodoloxía populista é apropiada para a venda dalgúns produtos políticos, pero en caso de chegar ao poder debería deixar paso a xestión.

3. Son populistas, de maior a menor: Donald Trump, Santiago Abascal, Nicolás Maduro e Pablo Iglesias.

Non son populistas: Pablo Casado, Pedro Sánchez, Gabriel Rufián, Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijoo.

Francisco Bragado Souto, estudante de Ciencias Políticas e da Administración

O populismo retratado por universitarios galegos: quen é populista e quen non?

1. O populismo é unha ideoloxía débil que se caracteriza por identificar dous bandos na sociedade (pobo puro vs élites corruptas) e enfréntaos entre sí. O “populismo de dereitas” suele nutrirse do ultranacionalismo para crear o seu relato, mentras que o de esquerdas suele achegarse ao socialismo.

2. Non é bo nin malo, é unha estratexia que en determinados escenarios funciona moi ben o que provoca a criminalización por parte do bando “perdedor”.

3. Por orden: considero como populistas a Nicolás Maduro, Donald Trump e Santiago Abascal. Penso que Pablo Iglesias o foi no pasado pero non actualmente e Boris Johnson o mesmo pero en menor medida.

Non populistas: Pablo Casado, Pedro Sánchez, Gabriel Rufián, Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijoo.

Valeria Vázquez Dominguez, graduada en Ciencias Políticas e da Administración

O populismo retratado por universitarios galegos: quen é populista e quen non?

1. A lixeira diría que o populismo é unha ferramenta política caracterizada por tratar de aglutinar a diversidade de actores políticos nun só suxeito, centrando o seu descurso no descontento no que a exaltación dunha persoa cun papel de líder-salvador-redentor é fundamental.

2. Penso que o populismo se trata dun movemento que xurde ao marxe do establishment e polo tanto ten a capacidade de implicar a un gran número de persoas que se atopan alexadas do eido político. Pese a isto, o fenómeno populista, moito máis na era das fake news, atopase acompañado dun falseamento consciente da realidade o que impide o desenvolvemento dunha democracia e, moito máis dunha conciencia crítica.

3. Considerados populistas: Donald Trump, Nicolás Maduro, Boris Johnson, Santiago Abascal e tamén Pablo Iglesias cando non formaba parte do goberno.

Non considerados populistas: Pablo Casado, Alberto Núñez Feijoo, Pedro Sánchez, Mariano Rajoy, Gabriel Rufián.

Daniel Costa Gómez, graduado en Ciencias Políticas e da Administración

O populismo retratado por universitarios galegos: quen é populista e quen non?

1. Na miña opinión o populismo é unha tendencia política pola cal certos líderes e partidos políticos se opoñen ás élites e ás institucións propias das democracias liberais baixo o argumento de que estas son un filtro que amortigua a vontade popular.

2. No relativo ao plano institucional considero que si, xa que nas democracias liberais, as institucións son froito dun consenso, e a existencia de partidos e líderes populistas pode socavar as mesmas; pero por outra parte, considero que o populismo tamén ten unha vertente positiva á hora de levar certos temas importantes para a cidadanía á axenda que doutra maneira non terían cabida.

3. Por orde considero populistas a Nicolás Maduro, Donald Trump, Santiago Abascal, Boris Johnson e Gabriel Rufián. Pablo Iglesias no pasado si, pero non na actualidade.

Non populistas: Pablo Casado, Pedro Sánchez, Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijoo.

María Álvarez Vázquez, graduada en Ciencias Políticas e da Administración e actualmente estudiante no Master en marketing dixital e xestión comercial

O populismo retratado por universitarios galegos: quen é populista e quen non?

1. El populismo es un rasgo que define ciertas conductas e ideas políticas (aunque es perfectamente extrapolable a otros ámbitos bajo mi opinión) que parten de la premisa de agradar y atraer al votante (esto es, obtener rédito político) a través de acciones interesadas y a veces poco morales, casi siempre con el respaldo de la gran cobertura de los massmedia.

2. No, en absoluto. Creo que es malo cuando lo único que buscas actuando de forma populista es derrotar al contrario. Hay y ha habido acciones populistas que han contribuido al interés general y al bienestar de toda la ciudadanía.

3. Son populistas: Gabriel Rufián, Donald Trump, Santiago Abascal, Nicolás Maduro, Boris Johnson, Pablo Iglesias y Pablo Casado en menor medida.

No son populistas: Mariano Rajoy, Pedro Sánchez y Alberto Núñez Feijoo.

Juan Balea Aneiros, graduado en Ciencias Políticas e actualmente estudia un master en Ciudades inteligentes y sostenibles (Smart Cities)

O populismo retratado por universitarios galegos: quen é populista e quen non?

1. Unha forma de construción da política que asume que a política e o discurso non son realidades dadas, senón que teñen que ser construidas. É dicir, a realidade non precede á política e a política é un mero espello dela, para o populismo, a realidade é produto do discurso político, que ten capacidade para darlle forma e cambiala. O populismo trata de converter a sectores percibidos por eles mesmos como marxinados da política, como suxeitos centrais da acción política, e tratar de agregar o maior número de actores, pero non como unha mera suma, senón construindo suxeito do cambio político no que estes sectores podan verse reflectidos para lograr un horizonte común.

2. Non ten que ser necesariamente malo, aínda que como todo, ten os seus pros e contras. O que si que penso é que na sociedade actual é inevitable.

3. Non teño a verdade absoluta e non estou moi seguro, mais penso que os que poderían ser susceptibles do apelativo populista desa lista, serían Santiago Abascal, Donald Trump, Nicolás Maduro, e quizá, o primeiro Pablo Iglesias, antes de estar no goberno.

Non populistas: Boris Johnson, Pablo Casado, Pedro Sánchez, Gabriel Rufián, Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijoo.

Laura Arias Fernández, graduada en Ciencias Políticas e da Administración

O populismo retratado por universitarios galegos: quen é populista e quen non?

1. El populismo presenta un recorrido histórico y conceptual, para mí actualmente se denomina populismo el uso de estrategias cuestionables para convencer a los ciudadanos, en especial del sector más predominante: el popular.

2. Depende, sustenta la pluralidad, algo fundamental para la democracia. Aunque hoy en día, la mayoría de los líderes populistas se valen de propuestas falsas para obtener apoyo social.

3. Considero que son populistas Donald Trump, Santiago Abascal, Pablo Casado, Boris Johnson, Alberto Núñez Feijoo, Nicolás Maduro, Pablo Iglesias e Pedro Sánchez en ese orden.

Non populistas: Gabriel Rufián y Mariano Rajoy.

Celia Magdalena García Santomé, graduada en Ciencias Políticas e da Administración e actualmente estudiante do Master en Marketing, Comunicación Política e Consultoría

O populismo retratado por universitarios galegos: quen é populista e quen non?

1. O populismo é un modelo no que a forma de actuación se sitúa fóra do status quo ou elitismo, situándose os populistas como verdadeiros e únicos representantes do pobo e tentan apropiarse do aparato do Estado. Ademáis, teñen rasgos antipluralistas, unha tendencia á exclusión dos que “non representan ao pobo” e a súa eliminación da vida política.

2. Non, sí que posuen unha vista errónea de que na súa totalidade se postulan como autoritarios e excluintes, que ás veces sí que se amoldan a isto, mais tamén existen populismos que tentan con rachar co modelo liberal propondo un novo modelo democrático baseado no pobo.

3. Penso que, de maior a menor, son populistas Nicolás Maduro, Donald Trump, Santiago Abascal, Gabriel Rufián e Pablo Iglesias.

Non son populistas Pablo Casado, Boris Johnson, Alberto Núñez Feijoo, Pedro Sánchez e Mariano Rajoy.

14 dic 2020 / 15:48
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.