Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
As investigacións realizadas polo Instituto Arqueolóxico Alemán xunto ca Universidade de Santiago de Compostela nun xacemento castrexo en O Morrazo, destapan a singularidade dun enclave galaico-romano con máis de 130 altares rituais e coa maior influencia de todos os coñecidos en Galicia Susana Martínez

O santuario celta de O Facho, centro de peregrinación polo deus Berobreus

O Monte Facho é un dos xacementos castrexos galegos máis relevantes nos últimos anos, tanto polas súas características propias e singulares, como polos intensos e prolongados traballos arqueolóxicos que se veñen efectuando nel e que sacaron á luz importantes fragmentos da historia galaica, especialmente relacionados cos aspectos rituais e relixiosos da cultura celta.

O castro do Monte do Facho, en O Morrazo, sitúase na parte máis alta dunha loma de 180 metros de altura que comparte espazo coa costa galega, dotado así, dun impresionante valor paisaxístico. Foi aquí, onde os primeiros poboadores constatados, que se remontan á Idade do Bronce -arredor de 1.000 anos a.C.-, asentáronse nun enclave conformado de estruturas circulares usadas para o uso doméstico.

Xa a finais da idade do Ferro, entorno a século I a.C., o castro resultou abandonado polos seus poboadores por mor do avance da Romanización sendo, os seus habitantes, trasladados forzosamente do asentamento cara zonas máis baixas ou na mesma liña da costa. Con todo, a súa historia non quedou olvidada xunto cas ruinas do que fora un asentamento castrexo, se non que, de cara a mediados do século III d.C. levouse a cabo un proceso de resconstrución sobre os pedregais e escombros que deixara o tempo atrás, erixindo un Santuario, un lugar de culto adicado ao deus galaico Berobreus, representante da saúde e da vida.

Co todo, a súa singularidade radica no principal descubrimento dos arqueólogos Thomas Schattner, do Instituto Arqueolóxico Alemán, e José Suárez Otero, investigador da Universidade de Santiago de Compostela, que tras anos de investigación e excavacións no enclave, atoparon diversos santuarios que facían referencia á mesma deidade. Acharon arredor de 130 pezas que estaban colocadas a modo dun “bosque de altares” e cunha inscrición común en todos eles “Deo Lari Bero Breo Ara(m) Posvi Pro Salute” que significa “Dar as grazas ao deus Berobreus por ter preservada a saúde e a vida”.

Segundo apunta o arqueólogo José Suárez Otero, a pesar de que non se coñece o motivo concreto polo que se erixiu o Santuario tras 200 anos de abandono, este feito puido producirse porque “nese momento habería unha grave crise” polo que os poboadores e viaxeiros achegábanse a pedir saúde e vida.

Neste senso, a Área Sacra de O Facho, en sentido estricto, quedou definida pola dispersión dos altares, arredor de 130 pezas, aínda que unha boa parte delas son altares completos. Todos contaban coas inscricións en honra ao deus lar Berobreus, e que, ademais as súas caras talladas estaban todas elas orientadas cara ao Este.

Con todo, Berobreus non é o nome real da deidade, se non un epíteto relativo ao deus lar de O Facho, que se manifesta de forma exclusiva nese enclave.

Ademais, o seu carácter ritual ven explicado na investigación do Instituto Arqueolóxico Alemán pola preocupación que existía de cara á imaxe exterior, onde pesaba máis o representativo e ritual que o funcional e práctico.

Este fenómeno é explicado grazas ás peregrinacións realizadas na zona, onde se mesturaban influencias de diferentes poboacións provenientes dunha vila romana próxima, de dúas zonas industriais de salgadura en Pinténs e Nerga, e dun asentamento estable aos pés do monte, así como de importantes ocupacións tardorromanas en Bueu e en Vigo. A súa influencia abarca até o Miño portugués, facendo que a súa relevancia resalte sobre outros xacementos.

A Peregrinación ou viaxe ao Monte do Facho implicaba un certa planificación, afástandose dun movemento espontáneo. Ademais, a colocación e a cantidade de pezas de altares atopadas, achega información sobre a importante afluencia de persoas. As ofrendas estaban conformadas polos propios altares, de carácter votivo, é dicir, privado que se colocaban na zona en honra ao deus lar, e contaban con ampla decoración especialmente na zona superior.

Ademais, tras as excavacións realizadas no lugar, atopáronse unha serie de pedras pertencentes a estas aras votivas, que foran colocadas formando recintos onde se atopaban entre un ou catro altares. Segundo os investigadores, estes recintos eran zonas onde os visitantes colocaban estas aras como ofrenda, normalmente vinculados por lazos familiares ou de “clan”. Ademais, outra serie de aras decoradas sen inscrición nas zonas próximas indican que existían talleres que preparaban os deseños para os visitantes, e que a diferencia dos altares romanos é que os atopados en O Facho, son, na súa meirande parte, ofrendas en sí mesmas.

Con todo, non se descarta a idea de que existise un lugar colectivo para o culto. “No Santuario do Deus Lar Berobreus, hai un pedra de gran tamaño aparentemente partida de forma intencionada e con perda dun tercio do orixinal e que ten unha ampla fenda de na parte posterior”, indican os investigadores. Neste senso, existen monumentos semellantes no contexto do Noroeste peninsular, coa mellor expresión dela nun exemplar atopado en Mougás (Oia) e conservado no Museo de Pontevedra.

A configuración de O Facho como santuario galaico-romano, e con todas as singularidades que presenta, ofrece unha visión dos poboadores, como grupos estables e de clara estratificación social. Co paso do tempo, O Facho viviu unha transformación, aparecendo xa, nos séculos IV ou V d.C. cruces cristiás nas tallas.

A través desta investigación no Monte do Facho inflúese de forma decisiva no panorama dos santuarios do Occidente Hispánico. Desta forma, e de cara ao próximo ano, o Instituto Arqueolóxico Alemán e a USC publicarán un monográfico sobre o estudo.

27 nov 2021 / 20:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.