Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

“O sentido do xornalismo é contar o que a xente ten dereito a saber”

Isabel Bravo recolleu na USC o premio ‘Somos Esenciais’, onde colabora Gadis

Santiago. Isabel Bravo, xornalista da Radio Coruña - Cadena Ser, recolleu onte na Aula 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago (USC) o premio de xornalismo Somos Esenciais 2020, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) en colaboración con Gadis, pola peza radiofónica Cando as preguntas aínda non tiñan resposta. Ángel Paniagua, finalista, recibiu tamén unha mención especial pola reportaxe La uci del covid, desde dentro: No somos héroes.

Entregado na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, do Premio de Xornalismo Somos Esenciais 2020, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, coa colaboración con Gadis, quere reivindicar o labor das e dos profesionais da comunicación durante a pandemia. Abriu a cerimonia a vicedecana segunda do Colexio de Xornalistas, Belén Regueira, quen salientou que premio naceu para reivindicar “a condición esencial do traballo xornalístico”, un obxectivo que precisaba dun acto como este porque “debe ser enunciado en público”. A continuación, Antonio Cortés, director de Responsabilidade Social Corportativa de Gadisa, destacou o “papel fundamental do xornalismo durante toda a pandemia”, funcionando como “unha fiestra aberta ao mundo” que permitiu descubrir palabras novas, escoitar testemuñas, entrar nas UCI, comprender tamén a importancia de protexernos e protexer os demais ou dar respostas cando aínda todo eran preguntas”. REDACCIÓN

27 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.