Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O stand de Galicia en Fitur, premiado como o mellor autonómico

Co Camiño como eixo central, conflúen valores tradicionais e innovación na súa oferta turística

Galicia volveu colleitar éxitos na 42ª edición da Feira Internacional de Turismo (Fitur) ao manter un dos stands con máis actividade e recuperar practicamente o volume de encontros profesionais no espazo de encontros habilitado no espazo da comunidade.

Ademais, o espazo de Galicia en Fitur foi recoñecido pola feira como mellor expositor das comunidades autónomas, un premio que o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, recolleu o pasado venres e co que se recoñecía un esforzo por presentar unha Galicia como destino aberto ao turismo internacional da man do Xacobeo e co Camiño de Santiago como eixo central.

O stand de Galicia, que ocupa un espazo de máis de mil metros, ofreceu un deseño moderno e de cores vistosas co obxectivo de simbolizar a esperanza e a ilusión coa que a nosa comunidade afronta o segundo ano do Xacobeo.

O espazo expositivo contou de novo coa presenza do botafumeiro de prata en tamaño real realizado por ourives hai máis de sesenta anos co que, ao igual que en 2021, foi un dos principais atractivos no que se puideron fotografarse os asistentes estes días.

Nesta ocasión formou parte dun set que xoga con espellos como símbolo das moitas facianas da comunidade como destino turístico.

Galicia presentou nestes días medio cento de produtos e destinos turísticos e unha vintena de catas nunha ducia de espazos expositivos e informativos. Tamén houbo mostras de produtos enograstronómicos galegos de calidade coa participación de profesionais e de persoal de Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), así como espazos para a exhibición de artesanía en vivo, co apoio de medios audiovisuais e da campaña Camiña a Galicia.

A programación continuaba esta fin de semana cun programa de actividades e música galega durante os días en que a feira abre as súas portas ao público en xeral.

Ademais, durante estes tres primeiros días dedicados ao sector profesional, o espazo da comunidade na feira volveu contar cun área de traballo xestionada polo Clúster Turismo de Galicia, que recuperou boa parte do ritmo de encontros profesionais previos á pandemia.

Con preto de trescentas reunións entre distintas empresas pertencentes a toda a cadea de valor do turismo de ata cinco países diferentes, destacaron os contactos realizados con Xapón, Brasil, Polonia, México ou Francia para acordos de colaboración a nivel institucional e privado.

A dixitalización e a sustentabilidade foron algunhas das motivacións dos profesionais que empregaron este espazo de negocios, ámbitos nos que Galicia está a redobrar a súa aposta para adaptarse ás tendencias do mercado. E detectouse un crecente interese polo enoturismo, o turismo activo, o termal ou o familiar.

23 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.