Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O universo Dragal de Elena Gallego Abad, na plataforma de contidos interactivos

Petisgo! O universo Dragal, da escritora Elena Gallego Abad, protagoniza a primeira experiencia demostradora da plataforma de contidos interactivos PetisGo! impulsada pola Xunta e desenvolvida por unha UTE de empresas tecnolóxicas galegas.

Esta plataforma enmárcase no Plan DicoMindset que leva a cabo a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia en colaboración con entidades públicas, como o Igape, a CRTVG ou Agadic; e privadas, como o Clúster TIC, o Clúster Audiovisual e empresas tractoras.

Implica un investimento de máis de trece millóns de euros para o impulso do sector de contidos dixitais.

PetisGo!, desenvolvida nos últimos 18 meses, ten aplicacións como a creación de contidos para a TV interactiva, a educación, o turismo ou a difusión cultural.

Foi creada por Xurelos-Petiscos, unha unión temporal de empresas formada por Cinfo, Sixtema, Xoia, R e Ficción Producciones.

Forma parte dun convenio de colaboración entre a Amtega e a CRTVG.

Permite xerar e difundir contidos interactivos avanzados para ser desfrutados en distintos escenarios como na natureza ou en visitas a monumentos históricos, e a través de múltiples dispositivos e tecnoloxías como sensores, contornas inmersivas, realidade aumentada ou realidade virtual.

Facilita que os usuarios, nenos, adolescentes, profesores ou profesionais do audiovisual creen experiencias interactivas, chamadas “petiscos”, que combinen estas tecnoloxías de xeito sinxelo.

A primeira experiencia demostradora, xa en marcha, busca demostrar o funcionamento e as funcionalidades de PetisGo!. ecg

26 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.