Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Obradoiro en liña de escoita profunda impartido por Rigle no CGAC

Vai dirixido a artistas, profesionais e persoas interesadas no sector da música e cultural

Santiago. O obradoiro de escoita profunda, impartido pola compositora Jane Rigler no Centro Galego de Arte Contemporánea da capital galega, terá lugar en formato de seminario web na plataforma Zoom os días 18 e 19 de maio co mesmo contido para dous grupos diferentes.

As sesións recollen e difunden as metodoloxías de Deep Listening© (escoita profunda) ideadas pola artista Pauline Oliveros, que inspirou xente de todas as disciplinas a explorar colectivamente a escoita dos seus corpos, soños, lembranzas e imaxinacións.

Os resultados son actuacións musicais nas que todo o público está invitado a evolucionar cos sons e onde todos os sons son benvidos.

Este obradoiro transformador propón unha exploración creativa e comunal a través de actividades sonoras e experiencias multisensoriais.

Unha práctica que promove escoitar atentamente todos os sons dentro do continuo espazo-tempo.

Jane Rigler é frautista, compositora, improvisadora e practicante de Deep Listening©. É unha das poucas persoas certificadas no mundo para impartir estes seminarios en castelán.

Foi galardoada con numerosos premios, e ampliou as fronteiras entre a actuación e a interacción co público.

Está dirixido a artistas, profesionais da musica e da cultura, así como a calquera interesado na escoita. O prazo de inscrición estará aberto ata o 12 de maio ás 12:00 horas. Os interesados poden enviar un correo a cgac.pedagogia@xunta.gal. redacción

05 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.