Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Unha das orquestras máis recoñecidas da verbena galega visitará o estudio do programa

Bamboleo segue celebrando o Nadal e chega este primeiro sábado do ano á grella de Televisión de Galicia coa mellor selección musical, moito humor, un montón de sorpresas e con María Mera como mestra de cerimonias.

Neste primeiro programa de 2021, o espazo daTVG contará coa presenza dunha convidada que leva máis de 20 anos sobre os escenarios: a cantante sevillana Tamara. Cunha traxectoria profesional de grandes recoñecementos tanto en España como en Latinoamérica, chega con novidades. Si nos dejan será un dos éxitos que esta noite interpretará sobre o escenario de Bamboleo e farao cantando en vivo, acompañada do mestre Varela ao piano. Os espectadores tamén escoitarán o seu novo sinxelo, que forma parte dun proxecto solidario para loitar contra a covid-19 e que se titula Espérame en el cielo. Antonio Luz, artista de Nocelo da Pena, no concello de Sarreaus, e residente en Madrid, será outro dos convidados da noite. Antonio vén presentar o seu primeiro disco: 28 besos, que contén cancións de pop aflamencado como o tema que interpretará esta noite: Quimera.

Unha das orquestras máis recoñecidas da verbena galega, El Combo Dominicano, visitará o estudio de Bamboleo para alegrar a noite e facer bailar os presentes co seu característico swing. Ademais, a parella de bailaríns campións mundiais de bachata Andrés e Yessica farán dúas fantásticas exhibicións na pista de baile. Os participantes do Agora ou Nunca, Arlenys Castro e Manuel Viturro, cantarán Yo viviré, de Celia Cruz, e A mi manera de Frank Sinatra, respectivamente.

02 ene 2021 / 00:08
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.