Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ofrenda floral a Valle- Inclán no 86 aniversario do pasamento do autor

LEMBRANZA O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou onte en Santiago na tradicional ofrenda floral da véspera de Reis en homenaxe ao escritor galego Ramón María del Valle-Inclán, con motivo do 86 aniversario do seu pasamento. Unha homenaxe que tivo lugar no compostelán cemiterio de Boisaca.

Xunto a representantes institucionais, da cultura e familiares do propio autor, Román Rodríguez salientou a figura deste galego ilustre que conseguiu “levar o nome de Galicia polo mundo enteiro”, e cuxa obra e legado continúa “plenamente vixente” nas nosas letras.

Durante o acto de homenaxe ao autor de Divinas palabras ou Luces de bohemia, no cemiterio de Boisaca tamén se lembrou a figura do destacado intelectual galegista Isaac Díaz Pardo, finado 5 de xaneiro do 2012. ecg

05 ene 2022 / 15:58
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.