Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Oia amosa esta fin de semana a emoción do viño

O mosteiro abre as portas para dar a degustar ata 75 marcas de máis de vinte denominacións de orixe // Ofrece a calidade das adegas de autor

O mosteiro de Oia acolle esta fin de semana a undécima edición de Emoción dos Viños, unha especie de salón no que degustar marcas difíciles de atopar e que, en boa parte, chegan desde esas adegas de autor pequenas nas que a calidade é a norma.

Este salón organizado por Marina Cruces e Antonio Portela é un escenario impresionante para viños fieis aos seus terroirs diferenciados: riqueza de matices, castes, paisaxes, tradicións e culturas nun espazo onde chegar á emoción, con sensibilidade e identidade. Viños sen complexos nen prexuizos, estimulantes do espirito, con pracer, que despertan os sentidos.

A Emoción dos viños presenta proxectos vitivinícolas que tentan espallar por todas as terriñas do país o cultivo da vide desde o respecto pola terra e a súa contorna, bastións contra o abandono rural, elaborando viños que reflicten con autenticidade e creatividade o seu lar.

O horario será partido, de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas O prezo da entrada é de 15 euros para unha xornada e de 25 euros para as dúas xornadas. Os asistentes recibirán unha copa serigrafiada coa que poderán degustar todos os viños. Instalarase ademáis unha tenda para todas aquelas persoas interesadas en adquirir algunha botella.

Na xornada do sábado haberá 40 viños distintos de máis de vinte denominacións de orixe tanto españolas como portuguesas, mentras que o domingo a variedade chegará da man de 35 adegas.

O evento desenvólvese na súa maior parte no claustro do mosteiro, coas máis estritas medidas de seguridade e hixiene. Haberá entradas limitadas para cumprir coa normativa presente.

En Oia, fitando o horizonte cara ó solpor, chega o momento para os amantes dos bos viños de soltar amarras coas copas da Emoción.

18 jun 2021 / 19:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.