Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Oliver Laxe, cine e desenvolvemento rural nos Ancares

A iniciativa do cineasta xunto coa Asociación Ser pretende fomentar a creación cultural

O cineasta Oliver Laxe está a desenvolver un proxecto cultural nos Ancares, o que suporá un grande impulso para a comarca, según destacou hoxe o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, quen visitou a proposta.

Para o conselleiro, trátase dunha proposta “fundamental para dinamizar esta zona a través da cultura con plantexamentos para todos os públicos e favorecer o seu desenvolvemento económico, social e cultural sempre de xeito respectuoso coas formas de vida tradicionais na zona”, expresou. Trátase dun concello que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade está investindo máis de 150.000 euros.

Neste sentido, Román Rodríguez referiuse aos importantes investimentos do seu departamento para poñer en valor o seu gran potencial arqueolóxico, como o xacemento O Teso da Ermida, onde se realizaron diferentes campañas nas que se atoparon ata sete vivendas e pezas da época romana e que está preparado para a súa visita. Como expresou, o seu departamento ten previsto ampliar de cara a 2022 os investimentos en 40.000 euros para poñer en valor unha capela que se atopaba oculta e que se atopou na última campaña arqueolóxica, co que o seu departamento elevará o seu investimento en 70.000 euros no eido patrimonial.

No que se refire ao proxecto visitado este venres, en virtude dun convenio por importe de 85.000 euros coa Asociación Ser, impulsada polo cineasta galego, o Goberno autonómico colabora coa iniciativa para o que se acondicionou e rehabilitou un novo espazo situado na parroquia de Vilela –a súa antiga casa familiar- con espazos abertos ao público nos que se desenvolverán actividades de creación cultural que fomenten o intercambio coa poboación local. En concreto, organizaranse obradoiros, conferencias, proxeccións de cinema, actividades de desenvolvemento rural e encontros comunitarios de carácter social e cultural.

A Asociación Ser quere contribuír a frear o despoboamento da comarca dos Ancares no seu conxunto a través de accións que favorezan o seu desenvolvemento económico, social e cultural, de xeito sustentable, inclusivo e respectuoso co medio natural e as formas de vida tradicionais, mellorando a calidade de vida da veciñanza. Ademais destas iniciativas, a Asociación Ser pretende tamén organizar na súa sede un cineclube gratuíto.

10 sep 2021 / 21:14
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.