Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘Ons’, do cineasta compostelán Alfonso Zarauza, xa chega ás salas comerciais das sete cidades galegas

CULTURA. “Grazas a masiva resposta do público galego Ons continúa na súa terceira semana da competitiva billeteria de Nadal manténdose forte en todos as cidades e os cinemas importantes do país... Moitas grazas polo voso apoio”. Dese xeito falaba Alfonso Zarauza no seu Facebook o pasado día catro logo da andaina que vai collendo o seu filme. Reforza a súa presenza nas salas incorporándose á carteleira dos Cines Pontevella de Ourense e nos Cinexpo de Pontevedra, cidades ás que aínda non chegara a estrea comercial. Tamén chega esta semana a novas salas coma o Cine Teatro Salesianos de Vigo, que a proxectará ata o 10 de xaneiro ou o Teatro Municipal Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, que a proxecta os días 6, 7 e 8 de xaneiro. Zarauza acompañará a proxección de Ons en Ourense o sábado ás 20h cunha presentación e coloquio nos Cines Ponte Vella e o domingo farao no Cine Salesianos de Vigo, na última sesión das 20 h0. Ademais, a sala Numax de Compostela acollerá dúas presentacións co director nas sesións de hoxe ás 17.00 h e o 14 de xaneiro ás 18.30 h. redacción

08 ene 2021 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.