Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 28 septiembre 2022
11:10
h

Orixinal álbum de lectura vertical para ir á Lúa

Carlos López e Óscar Villán publicaron, nos meses de inicios de ano, Fortunato quere ir á Lúa (Galaxia, 2022), un álbum que se le e manipula en orientación vertical, coa mesma dirección da Terra á Lúa.

No relato, co apoio das ilustracións que dominan as escenas, cóntase a historia de Fortunato que desde neno desexaba ir á Lúa. Para conseguilo quixo primeiro ser astronauta e, como non acadou o obxectivo, tentou chegar polos seus medios.

Descríbense todos eses medios, moi imaxinativos e impresionantes, e as aventuras vitais de Fortunato en cada un deles sen chegar, nin a rozar, o seu obxectivo. Xa canso de tanto fracaso, decepcionado, decae, mais nisto foi á Lúa e puido galopar sobre ela e coñecer o firmamento, ver as estrelas fugaces e vivir o que desexaba. Por iso, non precisou pedir ningún desexo pois o seu xa lle fora concedido. O relato, moi humorístico, séguese e compleméntase coa excelente proposta ilustrativa.

marta.neira@usc.es

13 jun 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.