Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Os artistas Lucía Gil e Enrique Ramil, no ‘Bamboleo’ da TVG

A música da orquestra Triunfo amenizará esta velada de sábado, no que non faltarán humor e a diversión que achegan os colaboradores

Esta noite visitan Bamboleo dous artistas que teñen unha importante carreira musical: Lucía Gil e Enrique Ramil. Lucía gañou o concurso musical Veo, Veo aos sete anos, converteuse nunha estrela e protagonizou series musicais desde moi cativa. El suplente e La mafia son os novos sinxelos desta artista, que compaxina a súa carreira en solitario coa montaxe teatral La Llamada. Enrique Ramil, pola súa parte, gañou o concurso musical de Canal Sur Tierra de talento e conquistou Andalucía coas súas interpretacións de temas de Rocío Jurado.

A música da orquestra Triunfo amenizará esta noite de sábado, en que tampouco faltarán o humor e a diversión que os colaboradores do programa Tamara Pérez e Claudio Pan achegan cada semana cos seus xogos e vídeos. Por suposto, tamén estará Isi compartindo as súas historias cos seguidores de Bamboleo.

O baile profesional estará representado por Antón e Noemí, dous bailaríns de Narón que mostrarán o seu prometedor futuro en baile deportivo. No Agora ou nunca cantarán Bianca Núñez e Fernanda de Sosa, que interpretarán, respectivamente, Mamma mía, de ABBA, e Sola en los bares, de Man Ray.

En A jrileira cantarán Pili, polo Club Baíña Fútbol Sala de Baiona, e Rocha, pola Sociedade Deportiva Tirán Pereira de Moaña. Probarán sorte entoando Mayonesa, de Chocolate Latino, e adiviñando o maior número posible de intérpretes en minuto e medio de tempo.

Finalmente, A ITV do amor porá a proba unha parella e dúas amigas que intentarán confundir un participante de público para gañar o premio. Todo trufado coas curiosas intervencións dos colaboradores, Isi, Damián, Tamara e Javi Varela, que estarán pendentes de todo.

CARBALLEIRA. A presentadora e actriz María Mera achegará hoxe unha edición moi emocionante, con mensaxes sorpresa, dedicatorias musicais, historias que namoran, humor, música e ata un dobre sorteo entre o público asistente e os espectadores na casa. Este sábado, o programa itinerante Carballeira estará, en directo, na parroquia de Paramos, no concello de Tui. Neste lugar, a historia mudou para sempre en 2018, cando unha explosión nun almacén ilegal marcou un antes e un despois na vila, pero a solidariedade e axuda de todos os veciños, sentaron as bases da reconstrución.

Nesta edición de Carballeira coñecerase a Manolo, unha icona de Paramos, que foi pedáneo durante máis de 20 anos e a día de hoxe segue apagando incendios a pedimento dos seus veciños, a pesar de que está moi maior e moitos consideran que debería deixalo. Coñecerase tamén a Emilia e ao seu home Pepe, un matrimonio que o perdeu todo na explosión de Paramos no ano 2018; Lano, un home que non paraba quieto, a súa vida cambiou para sempre con 50 anos cando lle diagnosticaron unha invalidez; Nerea, unha das persoas máis novas de Paramos, ten moitas responsabilidades e a pesar dos atrancos que lle foi poñendo a vida, sempre lle pon cara da maneira máis optimista e positiva, e Ana López, unha veciña de Paramos, que desde que morreu seu pai hai uns meses, coida de súa nai.

DESERTORES DO ASFALTO. Negueira de Muñiz é o concello con menos habitantes de Galicia, pero nel hai moita vida, como amosará este sábado o programa Desertores do asfalto, presentado por Rocío Barrio.

13 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.