Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

logo dun ano pechados

TERMAL. A Asociación de Balnearios de Galicia vén de celebrar a súa Asemblea Xeral Ordinaria na Cidade da Cultura. No transcurso da mesma renovouse a confianza na actual súa Xunta Directiva, por “responsabilidade co complexo momento que estamos a vivir”. Os balnearios galegos comezan a abrir as súas portas logo de estar pechados, na maioría dos casos, máis dun ano a causa da crise sanitaria. “Foron meses moi longos para todos, un período moi duro que agora estamos dispostos a recuperar e afrontar con ilusión. Os centros termais son establecementos que teñen un custo de funcionamento moi elevado, debido á cantidade de persoal que traballa nos mesmos e cuns gastos enerxéticos realmente altos” salienta Marisol Espiño.

A Asociación agarda que “paulatinamente vaian abrindo todos os establecementos termais da comunidade; e poder contar coa posta en marcha dos programas de termalismo social do Imserso e da Xunta de Galicia”. Dende a Asociación destacan as posibilidades do termalismo para realizar programas terapéuticos, especialmente en pandemia, onde resultan beneficiosos para tratar secuelas do virus a través dos efectos da auga en doenzas respiratorias e do aparato locomotor. ecg

08 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.