Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os Bolechas merendan cos cativos nas tardes do Nadal en ‘streaming’

A entrañable familia estará ‘en directo’ todos os días polas tardes as 17.00 horas

Santiago. No ano 2000 nacían os Bolechas, unha familia formada por Carlos, Loli, Pili, Braulio, Sonia e Tatá Bolechas e, como esquecer, ao seu can Chispas. Doce anos máis tarde estes personaxes darían o salto á Televisión de Galicia nun especial do entroido, dando comezo así a súa propia serie animada.

Agora, esta intrépida familia volve a celebrar as festividades do Nadal cos máis pequenos e pequenas da casa dende o luns 20 de decembro ate o 7 de xaneiro teñen unha cita diaria de luns a venres a partires das 17.00 da tarde, na canle oficial de YouTube da TVG, pois os Bolechas volven modernizados baixo un formato de streaming durante a hora da merenda para xogar, divertirse, aprender e, sobre todo, para celebrar estas festividades tan esperadas polos nenos e nenas galegos.

Da mesma maneira que nos disfrutamos da nosa familia durante a Noiteboa (24 de decembro) e a noite de Fin de Ano (30 de decembro) os Bolechas toman o seu descanso e, polo tanto, non haberá programa eses días., salvo o día 30 de decembro que a conexión será as 12.00 da mañán, pois pola tarde deben preprarse para a chegada do novo ano.

Durante as conexións en directo dos Bolechas, os rapaces poderán comunicarse con eles e ter unha interacción cos personaxes que participarán nesta nova serie audiovisual da galega. Pois Braulio, Pili, Loli, Carlos, Sonia, Tatá e Chispa e o resto da parentela Bolechas (a nai, o pai, avós e avoas e ata Lusco e Fusco...) celebrarán este Nadal con todas as familias de Galicia. Non estarán sós nesta aventura pois contarán con outras estrelas convidadas en cada capítulo que porán música, baile, diversión, maxia e unha chea de sorpresas nesta aventura audiovisual.

En resumen, esta familia opta por unha nova proposta para conectarse coa cativada de toda Galicia durante estas datas tan importantes do Nadal para repartir un pouco de alegría polas tardes. ECG

17 dic 2021 / 18:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.