Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os espectadores de ‘Casamos!’ asisten á voda de Alba e Jandro

e agora deciden dar o paso máis importante na súa relación

Os espectadores de Casamos!’ coñecerán este martes a historia de amor de Alba e Jandro, que levan xuntos dous anos. Coñecéronse nun campionato de dardos onde el competía e onde ela acompañaba unha amiga. Nese momento non chegaron a falar e foi un ano despois cando volveron coincidir e Alba decidiu aproveitar a oportunidade.

A parella comezou a coñecerse, pero Jandro tivo dúbidas e decidiu deixar a relación. 24 horas despois reflexionou e pediulle unha segunda oportunidade a Alba, que ela lle concedeu. O confinamento apurou os plans da parella de ir vivir xuntos e agora deciden dar o paso e casar nunha voda que mesturará dous mundos máxicos: o de Disney e o de Harry Potter.

‘A REVISTA’. O programa A Revista conversa hoxe con José Gómez Rial, facultativo do Servizo de Inmunoloxía do Hospital Universitario de Santiago (CHUS), sobre como vai afectar a Galicia e ao resto do mundo a supervaga de covid que se agarda na China, coincidindo coa relaxación de medidas da política do covid cero.

Continuando co eido da saúde, Marisa López García, directora da Axencia de Doazón de Órganos (ADOS) e Sangue, visitará o programa para facer un chamamento ás doazóns; tamén falará das perspectivas de cara ás festas do Nadal, críticas para os servizos de transfusión.

Por outra parte, o espazo que conduce Loly Gómez contará no estudo con Inés Amor, voceira da Policía Nacional para falar dos tipos de fraudes que se están a dar tanto en caixeiros como a través de mensaxes de móbil, coa intención de previr A cidadanía.

‘ZIGZAG’. O espazo Zigzag recibirá hoxe a visita do presidente da Asociación Cultural Campaneiros de Galicia, José Andrés Barreiro, que falará do recoñecemento por parte da Unesco do toque manual de campás español como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade. En España existen ata 30 xeitos diferentes de tocar as campás, un elemento de comunicación tanto no ámbito relixioso coma no civil, pero esta tradición estendida en todo o país está en perigo de extinción pola falta de campaneiros.

Por outro lado, os espectadores escoitarán a música do dúo formado por Iván Vilela, virtuoso da viola de dez cordas, e Pablo Castaño, nome referencial do jazz galego, que deu como resultado Mat[R]iz, unha das máis orixinais propostas do panorama jazzístico do país.

Ademais, Zigzag dará este martes unha volta pola Sala Númax de Santiago para coñecer as propostas do Foco Jean Rouch, que ata o 10 de xaneiro posibilita descubrir de primeira man o apaixonante traballo da figura máis relevante do documental etnográfico e pai do cinéma verité. Ao director francés dedicaránselle cinco sesións con documentais gravados entre os anos 50 e os 70 en Costa de Marfil, Malí, Níxer, Ghana e a propia París.

A través dunha reportaxe, o programa cultural da G2 achegarase ao documental Se non marchas, non podes volver, rodado pola ONG Agareso en Cabo Verde e Burela para amosar o traballo das mulleres migrantes.

A EXPOSICIÓN ‘Útópicas. Arte e TerritoriO’. Finalmente, na súa colaboración no estudio, Silvia García falará da exposición titulada Utópicas. Arte e Territorio, un proxecto experimental que reivindica a importancia da cultura como medio para fomentar vínculos comunitarios e crear espazos de diálogo emancipadores e que sitúa a cidadanía de Compostela no centro da produción artística e comisarial.

13 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
TVG
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.